martes. 01.07.2025

Montaña para todos: percorrido polas lagoas glaciares da Serra Calva

O pasado 5 de agosto celebrábase na Veiga un percorrido polas lagoas glaciares da Serra Calva. Esta camiñada organizada polo concello da Veiga, dentro da iniciativa «Montaña para todos/as . Coñece Trevinca» contou coa participación de 15 persoas.

O recorrido cualificado con una dificultade media, durou 6 horas incluíndo o tempo da comida. A época do ano elixida e as boas condicións meteorolóxicas permitiu a observación en plenitude da paisaxe así como as aves e a flora de montaña.

Este macizo montañoso de curta lonxitude sitúase ao suroeste de Pena Trevinca, entre os vales orixinados polos ríos Xares e Bibei. A ruta foi homologada no 2016 e nela atópanse as lagoas de Sextil, Canda, Pichos e Patos.

Este conxunto lacustre de orixe glaciar formouse como consecuencia da presión exercida polas grandes masas de xeo sobre o terreo durante os períodos de maior extensión glaciar. Son lagoas de carácter estacional aínda que é posible observalas con auga incluso no verán, coma foi o caso.

Nas concas lacustres pódense apreciar tobeiras, que son húmidos ácidos nos que se vai acumulando materia vexetal en forma de turba de auga doce. As  turbeiras  son  ecosistemas  que,  polo seu  elevado  valor  medioambiental, están incluídos en la Directiva de Hábitats 92/93 CEE. Presentes en pequenas superficies en illados redutos de Trevinca, son uns dos ecosistemas máis  escasos  e  singulares  da Península  Ibérica  polo seu  valor  como  sumidoiro  de  carbono  y  os seus  efectos  positivos  na  regulación  dos ciclos hidrolóxicos.

Montaña para todos: percorrido polas lagoas glaciares da Serra Calva