
A Rúa celebrará un ano máis, e xa van cinco, unha nova edición da Bacofesta que este ano virá con novedades, entre elas, «convidaremos a un concello para que participe na nosa festa» e ademáis, «celebraremos unha comida popular o domingo». Así o afirmou o alcalde da vila, Luis Fernández Gudiña, no pleno celebrado no día de onte, luns 9 de xullo, no que todos os concelleiros aprobaban o punto de presentación de actividades veraniegas por unanimidade.
A Bacofesta, que ten previsto a súa celebración entre os días 10 e 12 de agosto, completarase cun programa extenso de propostas nas que se inclúe a música en vivo tanto o sábado como o domingo ao mediodía, á que se unen o venres as Xornadas de Folclore e o concerto de La Jaula. O domingo a charanga Takicardia, será a encargada de pechar a V Edición da Bacofesta.
As Festas de Verán celebraranse do día 2 ao 6 de agosto, no que haberá Encontro de Pinchadiscos e o Día da Xuventude, para chegar ao sábado, domingo e luns, que serán días nos que se poderá disfrutar da orquesta e da música. Estas festas van acompañadas dun extenso programa deportivo «no que tan só queda concretar pequenos flecos, equipos ou datas de celebración de partidos».
Ademáis do programa das Festas de Verán e da Bacofesta, no pleno aprobáronse por unanimidade tódalas actividades programadas para o verán, nos meses de xullo e agosto.