domingo. 07.08.2022

A Xunta adxudica as obras de mellora da seguridade viaria do Hospital de Valdeorras

Os traballos buscan favorecer os desprazamentos a pé, dispoñendo de pasos peonís elevados e ramplas que favorezan os desprazamentos de persoas en cadeira de rodas
Entrada principal del Hospital Público de O Barco
A Xunta adxudica as obras de mellora da seguridade viaria nos hospitais da provincia

A Xunta adxudicou por máis de 380.000 euros as obras de mellora da seguridade viaria e da accesibilidade en catro hospitais da provincia de Ourense. Trátase, concretamente, do Hospital Universitario de Ourense, do edificio hospitalario de Piñor, e dos hospitais públicos de Verín e de Valdeorras.

As actuacións, adxudicadas á Construcciones Rafer S.L., contan cun prazo de execución de 6 meses. A execución das obras irase coordinando coas respectivas xerencias das áreas sanitarias para minimizar as interferencias coa actividade asistencial.

O obxectivo destas intervencións é reforzar a seguridade viaria, favorecer a mobilidade peonil e mellorar os firmes dos hospitais. Os traballos adxudicados buscan favorecer os desprazamentos a pé, para o que se executarán novas beirarrúas e ampliaranse as actuais, dispoñendo pasos peonís elevados e ramplas que favorezan os desprazamentos de persoas en cadeira de rodas.

Os traballos nos 4 centros hospitalarios da provincia irán destinados á mellora da seguridade e accesibilidade a través de itinerarios peonís cómodos e seguros, ademais da rehabilitación do firme nos lugares con maior deterioro e da renovación da sinalización.

A Xunta adxudica as obras de mellora da seguridade viaria do Hospital de Valdeorras