
O Club Deportivo Trives xunto ao concello e demáis colaboradores organizaron unha tirada de fogos artificiais neste 2020 tan atípico
Os veciños de A Pobra de Trives tiveron o tradicional espectáculo de fogos de artificio na noite do 13 de setembro nun ano atípico e sen festas na localidade.
A actual situación sanitaria provocou que non houbese programa de festas durante o fin de semana onde a localidade, ao igual que O Barco, celebra O Cristo.
Entre o Concello, CD Trives, establecementos é asociacións, clubes e veciños colaboraron para que fose posible celebrar esta antiga tradición na vila. De este xeito unha empresa de pirotecnia, con todas as medidas de seguridade, pudo facer a súa primeira tirada do ano na noite do domingo.
Este luns para recordar o día do Cristo, a Charanga Nova Terras de Trives fixo un pasarrúas pola localidade.
Foto de Rosa Díaz cedida polo Concello de A Pobra de Trives.