
Este luns celebraráse o Día do Orgullo, e os partidos políticos do Barco renovaron o compromiso na loita dos dereitos do movemento LGTBI
O Concello do Barco volveu a unir forzas para a celebración do Día do Orgullo. Por elo os 4 grupos políticos que forman parte da corporación municipal renovaron o compromiso na loita dos dereitos do movemento LGTBI, mostrando a súa vez o seu apoio e recoñecemento que se ven sucedendo dende o 2018.
Dende o consistorio consideran que esta data debe facer un chamamento ás forzas políticas e sociais para que dende as institucións se eviten accións que promovan accións discriminatorias dentro dunha oportunidade para poñer o freo a adopción de medidas regresivas en contra das persoas LGTBI.
Os grupos políticos explican que non so fan as reivindicacións deste colectivo, senón que entenden que sen os seus dereitos a democracia non sería pleno, recordando a Lei 13/2005 onde se aprobou o deireito a contraer matrimonio entre as persoas do mesmo sexo.
Esta lei recoñeceu de forma efectiva a dignidade a persoas LGTBI. A aprobación da LEI 3/2007, do 15 de marzo, reguladora da rectificación rexistral da mención relativa ao sexo das persoas, supuxo un avance
internacional sen precedentes para os dereitos das persoas transexuais.
Aínda así os grupos municipais creen que é necesario avazar moito ante as reiteradas situacións de discriminación das persoas LGTBI, xa que no territorio nacional o 48% das persoas deste grupo evitan coller da man á súa parella do mesmo sexo por medo a sufrir agresións.
O transporte e os espazos públicos é onde máis se evita mostrar a orientación sexual ou a identidade sexual para non sufrir ameazas, insultos, etc. O informe sinala unha porcentaxe moi elevada, ata do 90% das persoas enquisadas, que din sufrir ou presenciar comentarios ou comportamentos homófobos.