
Ás 20:00 deste domingo, 23 de xaneiro, pechábanse as votacións en toda a provincia para as primarias de Ourense do partido do PSdeG. Alfredo García, actual alcalde do Barco, non conseguía superar no número de votos ao seu compañeiro de partido, Rafael Rodríguez Villarino.
«Percorrimos esta provincia durante 10 días dicíndolle aos compañeiros que falaran co seu voto e dixeron que prefiren que siga o partido nas mans dos actuais responsables e, polo tanto, por parte dos meus compañeiros e compañeiras non temos nada que dicir», destacaba García.
Segundo os datos ofrecidos polo partido, García obtivo 516 votos, mentres que Rodríguez Villarino recibía 709. Na sede do PSdeG do Barco, o alcalde, facíase con 47 votos a favor e 4 en contra, mentres que na Rúa o total dos 20 sobres foron a favor de Alfredo.
O alcalde destacaba que «grazas á nosa participación fomos quen de que se mobilizase esa cantidade tan grande de militantes. Quedamos todos con esas sensacions que tivemos todos estes días».
Ademas, finalizaba as súas declaracións recalcando que «o partido ten que seguir, non son duas persoas en contreto, polo tanto non se deten. Espero que estas eleccions primarias sexan para ben».