
Ás 12:30 deste domingo, 23 de xaneiro, Alfredo García, alcalde actual do Barco, acudía á sede do PSdeG do municipio para depositar o seu voto para as primarias provinciais do partido. O edil, xunto con Rafael Rodríguez, son os dous candidatos á o posto.
O alcalde — que estivo acompañado de varios membros de partido como Margarida Pizcueta, Eladio Santos e Aurentino Alonso— afirmaba que «é un día de tranquilad e cando chegue o momento, chegarán os nervios. Mereceu a pena todo o esforzo para ser secretario xeral da provincia de Ourense. É unha experiencia impagable».
García destacaba que «a campaña foi moi bonita e lémbrame á primeira campaña no Barco. A xente desmoralizada, chegaba eu e dáballes ilusión, e apostaron por min». Ademáis, destacaba que «se espera gañar. Desde logo, se gañamos, será a rebelión das bases».
A xornada de votación iniciouse ás 10:00 da mañá e finalizará ás 20:00 en todas as mesas da comarca de Valdeorras. Os municipios que contan con este apartado para entregar a elección son O Barco, Vilamartín, A Rúa, Viana do Bolo e Trives.
Entrega de avais
O sábado, 8 de xaneiro, Alfredo García, facía entrega na sede do PSdeG de Santiago o máximo número de avais permitidos para a presentación da súa candidatura para as primarias provinciais. Acompañado dos representantes da candidatura e de diferentes cargos institucionais do partido na provincia fixo entrega de 236 avais.
Así mesmo, Rafael Rodríguez Vilariño, acompañado por Beatriz Domínguez e Xosé Rúas, representantes da súa candidatura, fixeron entrega do máximo de avais permitidos –o 15 % do censo da militancia da provincia–.