jueves. 28.03.2024
somoscomarca_malecon_rio_baño_calor_chapuzon
Consellos para previr os afogamentos nas zonas de baño

Hoxe luns 25 de xullo celébrase o Día Mundial da Prevención do Afogamento, e desde a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras queren dar algunhas recomendacións para previlos e así extremar as precaucións nas contornas acuáticas.

No mundo morren 360.000 persoas afogadas cada ano. Máis da metade destas mortes prodúcense entre persoas menores de 25 anos, e os nenos menores de 5 anos corren o maior risco. O afogamento é a terceira causa de mortalidade en todo o mundo entre as persoas con idades comprendidas entre os 5 e os 14 anos.

As principais causas de afogamentos en praias, piscinas e encoros son as temeridades e imprudencias, os despistes dos pais e non saber nadar.

O máis importante, é que os perigos de afogamentos pódense previr respectando as normas de seguridade. Para iso, debemos advertir e valorar riscos potenciais e adoptar actitudes seguras.

Recomendacións a ter en conta

1. Elixir lugares habilitados para bañarse, coñecidos, sen correntes internas respectando as normas.

2. Non bañarse sen vixilancia dos socorristas prestando atención aos cambios no mar (con bandeira verde, baño sen perigo; con bandeira amarela, baño ata a cintura e con precaución; con bandeira vermella, non bañarse). 

3. No mar debemos estar cerca da beira e evitar aloxarnos para que a corrente non nos leve a mar a dentro. Se isto ocorrera, debemos nadar paralelamente (nunca de fronte) á praia e unha vez se saia da corrente, nadar cara a beira. No caso de colchóns ou outros obxectos inchables debemos ser máis cautelosos.

4. Debemos nadar acompañados. No caso de menores avisar sempre ao adulto ao seu cargo para que vixíe en todo momento, xa que na maioría das veces que ocorre un afogamento, prodúcense nas contornas familiares nos que se perdeu a vista da vítima durante menos de 5 minutos. No caso de recentemente nados ou nenos/as moi pequenos/as non debemos deixalos sos na bañeira, piscina, etc. e asegurarse de baleirar as piscinas inchables despois de empregalas e/ou por medidas de barreira (cercados de 1,2 metros de altura e non ser escalables) que impidan aos nenos o acceso as piscinas.

5. Se non sabe nadar, é pequeno ou ten algunha discapacidade debería empregar chaleco salvavidas adecuado (que cumpran os requisitos da UE) cerca ou dentro da auga. No caso da práctica de deportes acuáticos debemos pornos sempre chalecos salvavidas. 

6. Evitar tirarse de cabeza de pontes ou zonas de pouca profundidade e realizar “balconning” ou tirarse para evitar traumatismos graves na cabeza e costas, que poden orixinar danos coma paraplexías e tetraplexías (parálise de membros).

7. Bañarse despois de beber alcohol ou estar baixo os efectos de sustancias estupefacientes é moi arriscado, porque produce desinhibición, que fomenta condutas de risco. Isto agrávase se o baño é de noite, porque ninguén podería verte se ocorrera algo e a capacidade de resposta e reacción ante un perigo diminúe.

8. É necesario comprobar a temperatura, tanto de auga moi fría coma moi quente (evitar grandes contrastes de temperaturas) e evitar bañarse ata 2 horas despois das comidas. Ademais, se te encontras mal debemos avisar a alguén cerca de ti e saír da auga enseguida. médico.

¿Qué facer ante un afogamento?

No caso de que o afogamento xa ocorrera, debemos actuar o antes posible, xa que a supervivencia depende da rapidez do rescate e da restauración da respiración. A ausencia de osíxeno durante máis de 4 minutos no cerebro ocasiona lesións cerebrais permanentes. 

1. Primeiro, debemos protexer a vítima e levala a un lugar seguro fora de perigo. Inmediatamente despois debemos avisar aos servizos de emerxencia (no centro de vixilancia ou chamando ao 112 ou 061) explicando o que aconteceu e o seu estado.

2. Ao socorrer aos feridos debemos evitar os movementos bruscos, polo risco de lesión na columna.

Consellos para previr os afogamentos nas zonas de baño