viernes. 22.09.2023
Carballeda

A biblioteca e o amor a natureza prioridades no colexio de Casaio

Unha comunidade

educativa multicultural na que estudan 13 nenos de diferentes lugares de Europa

cheo de actividades relacionadas ca natureza

No colexio Santa María de Casaio cursan estudos 13 nenos: Rafa, Matilde, Alex, Samuel, Elena, Gabriela, Patricia, Raquel, Manuel, Pablo, Leo, Leire y Ainara. Dan clase dous profesores fixos, Laura Álvarez, a directora e titora de 3º, 5º e 6º e  Javier, titor de Infantil, 1º e 2º de Primaria. Ós dous mestres únense, Patricia, Juanjo e Berta  que proceden do colexio de Sobradelo. Patricia, profesora de Audición e linguaxe imparte tamén Ciencias Naturais en Música visita o colexo os luns e os martes. O xoves é  o  «profe» Juanjo de religión o que se achega as terras altas de Carballeda e os mércores cada 15 días toca visita da orientadora Berta.

A xornada é partida —os nenos van xantar as súas casas— e comeza ás 9:30 horas. Até as 9:50 soben a biblioteca onde len un libro, contan un conto ou din un trabalinguas. Cando os visitamos no espazo «Menuda Tropa», Leire foi a encargada de ler e para elo elixiu «La mona Ramona» logo díxolles aos seus compañeiros un trabalinguas.

Na celebración do Día da Biblioteca Escolar o pasado 24 de outubro, Javier, un dos profesores, contou o conto de Polgariño, segundo sinalou Gabriela, e os pais e nais tamén fixeron lecturas. A cambio os nenos agasalláronos cun marcapáxinas co nome de todos os nenos e os dos pais e nais participantes. Desde aquela todos os días os primeiros 20 minutos da xornada dedícanos a ler na biblioteca u espazo  moi acolledor cunhas vistas espectaculates.

Marcapáxinas que mostra Gabriela unha das alumnas do colexio de Casaio

Son nenos moi

activos e participativos. Así ó comezo do curso percorreron algúns dos lugares

de Casaio con Mati e Manuel de guías. As fontes de Pena Cha ou a da Cal, as

minas de Wolfran ou, de como se trasladou a Casa do Concello de Carballeda a

Sobradelo foron percorridos que fixemos a través das palabras de Manuel e

Matilde.

En primeiro plano Mati, logo Alex e ca chaqueta vermella Manuel

Os nenos de

Casaio están comprometidos co medio ambiente así teñen un blog que se chama «As

formiguiñas de Casaio» onde van colgando todo o que fan para que os papás ou

quen queira vexa os seus traballos. Van desde un mural feito con produtos, á participación

 no concurso de reciclaxe  «Adlo en Verde». Javi, o «profe» contou cheo

de orgullo como Alex o abroncou por tirar a pel dunha castaña que ía comendo ó

chan.  «Teñen o municipio ,moi limpo e

coidado», subliñou. Neste senso de coidado ao medio, Mati fixo fincapé nun

veciño que vai ós cogomelos e leva unha cesta de mimbre para que as esporas caian

de novo ó chan e volvan a saír setas.

Tunel do medo feito para o Samaín

Pero o que os

rapaces contaron emocionados é como viviron o Samaín. Un tunel do medo, galletas

feitas por eles, bruxas que trouxeron tartas ou pócimas «asquerosas» como nos

dixo o pequeno Samuel. Non faltou un concurso de cabazas que gañou Manuel ou os

disfraces.

Tamén nos

contaron que teñen unha cápsula do tempo onde cada neno meteu unha mensaxe ao

comezo do curso co que cada quen ía acadar ao longo do anos. Ao remate do ano

escolar abrirana para saber si conseguiron ou non os obxectivos.

Mural de outono feito con material recollido na natureza

O teatro con

marionetas feitas por eles mesmos con calcetíns os que lle cosen ollos de

botóns e cos que inventan historias é outra das actividades.

Quixemos saber

tamén dos nenos e falamos con Javi, Laura e Patri que son de Carballiño. Trives

e Carballo respectivamente. Están contentos, moi contentos deste destino que de

primeiras non era o máis apetecible sobre todo no caso de Patricia e Javier que

están moi lonxe da súa terra, pero que agora están encantados.

Agora queda a

vista a unha nave de lousa onde traballan moitos dos pais e nais destes nenos,

tamén unha excursión a unha zona da costa y outra a Madrid.



Queda moito curso

por diante e moitas cousas que facer pero de seguro que estes nenos faranas

cheos de alegría e bondade como a que hai nos seus corazóns.

O colexio Santa María de Casaio trasladounos á infancia e desde este medio só podemos dar as grazas á comunidade educativa por compartir esa mañá con nos.

Se queres escoitar o que nos contaron os nenos e profesores no colexo Santa María de CAsaio fai click na seguinte ligazón:

A biblioteca e o amor a natureza prioridades no colexio de Casaio