jueves. 26.06.2025
Vilariño

Vilariño de Conso reuniu a cerca de 600 músicos no certame de bandas de gaitas

Quince bandas de toda a península ibérica e o folión de Vilariño de Conso actuaron na área recreativa a beira do río Conselo

O décimo primeiro Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas celebrouse na mañá do 25 de xaneiro, en Vilariño de Conso (Ourense). Os actos comenzaron pasadas as once e media da mañá, despois do izado das bandeiras. Estivo presente Melisa Macía, alcaldesa de Vilariño e José Luis Foxo, director da Real Banda da Deputación de Ourense. Tamén representantes dos concellod de Larouco e A Veiga e a alcaldesa de Larouco.

Participaron un total de 15 agrupacións de diferentes puntos da península Ibérica: Portugal, Asturias e bandas das catro provincias galegas que deixaron ouvir temas tradicionais e tamén de grupos máis recentes.

Vídeo do izado das bandeiras e actuación da banda do Concello de Vilariño de Conso:

A banda do Concello de Vilariño de Conso foi a encargada de abrir o certame. Seguiu a do Concello de Riós, quen deu paso ós pupilos de Marco Foxo, a Banda do Concello do Bolo. A de Boborás e Maceda, Devalar Amoeiro e Os Trintas de Trives, Concello de Esgos e Preparatorio, actuaron nos graos 4º el 3º.

Vídeo da primeira das actuacións da banda do Bolo:

O Folión de Vilarino de Conso deu paso ás bandas que están do grao 2º e 1º: Ladies Band, Concello de Xinzo de Limia-B, San pantaleón dasvviñas de ferrol, El Gumiel de Asturias, Concello de Monforte de Lemos,  Agarimo de Catabois, Real Xuvenil e Concello de Xinzo de Limia.Ao redor das dúas e media entregáronse os diplomas e as medallas e as bandas interpretaron todas xuntas o Himno do Antergo Reino de Galicia. 

Esta é a primeira fase das tres que consta o certame, a seguinte terá lugar en Quiroga o Sábado Santo e a final será en Cabeza de Manzaneda o derradeiro fin de semana de xullo, coincidindo coa Festa da Bica.

«Este certame celtibérico naceu ca  filosofía de proporcionar e aglutinar as distintas variantes da cornamusa na península ibérica, desde Baleares, Cataluña, Aragón, Asturias, Cantabria, Zamora e norte de Portugal son testemuñas vivas da presencia dda gaita, sendo Galicia un dos puntos da xeografía universal onde a tradición pervive con máis enerxía», asegura Foxo.



O Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas estivo aberto a un amplo abano de posibilidades a nivel gaiteiril. As bandas puideron participar nun apartado competitivoou no de exhibición. Os catro xuíces instructores emitiron informes constructivos tanto a competidores como a participantes de exhibición. Fixeron a avaliación seguindo catro parámetros: afinación, Xosé Lois Aboal Bermúdez; ; interpretación, Xosé María Antúnez; percusión, Javier Pena Louzao e estética, Dionisio Aboal Bermúdez.

Os xuíces son unha parte moi importante deste tipo de certames

 Trátase dun evento de «suma importancia no mundo rural que esmorece». «Vilariño de Conso forma parte de ese enorme corpus rural galego que foi o albergue da cultura e por suposto da creatividade», din desde a organización. Na capela de San Xosé de Sabuguido que data do século XVII aparecen esculpidos una tocadora de pandeiro é un gaiteiro, sen dúbida una mostra da vitalidade que tiña o instrumento nestas áreas. O gaiteiro aparece nun contexto pastoril profesión que aínda segue a ser predominante nesta contorna. A igrexa botou man do instrumento convertindo en elemento litúrgico de primeiro orden, así mesmo convírtese nun referente da iconografía do pesebre tal como acontece no retablo da capela de Sabuguido», asegura José Luis Foxo. Manuela Pardo e Laura Pena estiveron na mesa.

Divertida imaxe de Marco Foxo colocando a boina dunha das súas alumnas da banda do Bolo

Onte ademais, inaugurouse o monumento á copla «O caso das Piornizas» en Chaguazoso. O cantar creado por Leandro Besteiro no 1949 homenaxou a Adelaida Domínguez Pérez cantora de coplas de cego de Pradoalbar.

Melisa Macía, alcaldesa de Vilariño de Conso fai unha valoración do acontecido o fin de semana no municipio:


Vilariño de Conso reuniu a cerca de 600 músicos no certame de bandas de gaitas