jueves. 03.07.2025

VÍDEO

O fulións apodéranse de Vilariño a pesar da neve e da choiva

Un pulso perfecto entre bombos, aixadas, boteiros, mázcaras e carrozas contra o mal tempo. Esta é a premisa que se viviu en Vilariño de Conso na tarde de 10 de febreiro, o Día Grande do Concello. 

O fulión de Vilariño de Conso foi o encargado de comezar este desfile cheo de sol, pero cos ollos postos no ceo. Despois de ver bailar e desfrutar a moitas máis agrupacións, chegou a quen de Buxán e, con eles, comezou tamén a bailar a neve e a choiva. Tras non dar tregua a dous fulións —que a pesar de todo seguiron tocando—, chegou o momento de soar O Alternativo e o tempo volveu esclarecer para deixar rematar con broche de ouro. 

O fulións apodéranse de Vilariño a pesar da neve e da choiva