martes. 24.06.2025

O PSdeG-PSOE busca ampliar a financiación de emprego nos concellos

Aurentino Alonso, subliña que si a Deputación duplica a financiación, suporía unha gran axuda para os concellos pequenos

O PSdeG-PSOE pedirá no pleno do mes de febreiro da Deputación de Ourense a ampliación do Programa Provincial de Cooperación con Concellos para Empregabilidade, como ocurriu no 2020.

Aurentino Alonso, edil socialista pola comarca de Valdeorras, subliña a importancia destas axudas. O ano pasado a cantidade inicial duplicouse, esperando o valdeorrés que este ano tamén ocorra o mesmo quedándose as cuantías en algo más de 3,6 millóns de euros.

Esto servirá para que os concellos da provincia contraten durante uns meses. Se ben o socialista confirma que os cartos non chegarán para todo o 2021, servirá para amortiguar a pérdida de emprego que houbo en Ourense nos últimos meses.

A súa vez Alonso, subliña que este diñeiro é moi importante para os municipios pequenos.

Premio Olimpia Valencia

Outra das mocións, e coa mirada posta no 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, ten que ver ca creación do Premio Olimpia Valencia. Dende o partido socialista esperan que as mulleres que están presentes día a día teñan o seu recoñecemento. Por elo este premio destacaría cada ano a labor dunha muller da provincia relevante no seu traballo.

Carolina Rubirosa

Aurentino Alonso, tamén realizou unha pregunta na Deputación polo vídeo da grovense Carolina Rubirosa. A artista do Salnés rodou un vídeo na comarca, concretamente nunha canteira de pizarra.

Dende o grupo socialista preguntáronlle ao presidente Jose Luis Baltar, se realmente contribuía a promocionar Valdeorras, xa que foi subvencionado polo goberno provincial. A resposta que obtiveron dende a Deputación foi que está sendo visitado, pero sen resolverlle a dúbida segundo subliñou Alonso.

O PSdeG-PSOE busca ampliar a financiación de emprego nos concellos