sábado. 31.05.2025

Eladio Santos: «O viño de valdeorras sorpréndenos con novas referencias e harmonías»

O subdelegado do Goberno en Ourense, bota a vista atrás para centrarse nos pioneiros que fixeron este produto estea nun momento puxante durante a Feira do Viño de Valdeorras
somoscomarca_20240601_viloira_inauguracion_feiradoviño (17)

O valdeorrés Eladio Santos, nomeado recentemente como subdelegado do Goberno en Ourense, non se quixo perder esta vixésimo quinta edición da Feira do Viño de Valdeorras. 

Santos quixo destacar e dar a comprender o éxito dos viños valdeorreses, para iso «hai que botar a vista atrás». Para poder realizar este percorrido polo pasado, «voume centrar nos pioneiros que fixeron que estea nun momento puxante», asegura. 

A primeira figura que nomea o subdelegado do Goberno é «José Núñez, un médico republicano», que xusto vivía na praza Ramón Otero Pedraio de Viloira —lugar da celebración do acto—. 

somoscomarca_20240601_viloira_inauguracion_feiradoviño (4)

Segundo destaca Santos, Nuñez formouse e «conseguiu gañar a batalla a filoxera que arrasou cos viñedos de valdeorras a finais do século XIX principios do XX». Durante esa época case un «90%» estaban afectados. 

«Quedabamos sen viño, que horroroso pensalo», di Eladio Santos. Produto da súa cualificación e investigación «trouxo a enxerta de vida americana que deu salvación do sector vitivinícola xa de aquelas». 

somoscomarca_240601_obarco_feiradoviño_n878

O segundo momento pioneiro que destaca o subdelegado acontece nos anos 80 do século XX. «Cando aquel proxecto na recuperación dos viñedos de valdeorras recolleu a testemuña de innovación, formación e investigación». Este era un momento clave, xa que estábamos a piques de «entrar na Unión Europea, pero apostou por volver converter este sector tendo como obxectivo a calidade».

Santos destaca que esta recuperación «foi difícil, houbo que cambiar o modelo produtivo para buscar a calidade. Pero é o que están a seguir as adegas». Para rematar a súa intervención asegura que o «viño de valdeorras sorpréndenos con novas referencias e harmonías».

Intervención completa de Eladio Santos, subdelegado do Goberno en Ourense:

Eladio Santos: «O viño de valdeorras sorpréndenos con novas referencias e harmonías»