sábado. 31.05.2025

José Ramón Rodríguez Castellanos: «Durante o 2023 en Valdeorras vendimamos case 8 millóns de quilos»

O presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras pon en valor o viños da comarca nas «vodas de prata» da Feira do Viño

somoscomarca_20240601_viloira_inauguracion_feiradoviño_joseramonrodriguez (16)

No acto inaugural da XXV Feira do Viño o primeiro en tomar a palabra foi José Ramón Rodríguez Castellanos, presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, quen puxo en valor as «vodas de prata» desta festividade. 

«Non poderíamos facelo nun momento mellor que este, os nosos viños conseguiron o recoñecemento que tantos anos levamos perseguindo todos os que estamos aquí», comenta Rodríguez. 

somoscomarca_20240601_viloira_inauguracion_feiradoviño (9)
Alfredo García e José Ramón Rodríguez

Esta é unha maneira, segundo o presidente, de recoñecer «o noso buque insignia, o godello. Tamén a nos terra que é punto de orixe desta variedade». Este é un evento que se acabou consolidando como unha «cita obrigada, un punto de encontro de visitantes que se desprazan dende moitos lugares para desfrutar dos nosos viños e da nosa terra».

O presidente asegura que alcanzar ás 25 edicións é «cada vez máis difícil nos tempos que corren. Quixemos celebralo ofrecendo un programa de excepción». O primeiro que destaca Rodríguez é o «propio cartel que foi deseñado polo prestixioso ilustrador galego Miguel Anxo Prado». A maiores tamén destaca o «esforzo a hora de escoller o noso pregoeiro, Xabier Fortes, un dos xornalistas máis prestixiosos de España». 

De feito sinala que na comarca durante o período 2023 «vendimamos case oito millóns de quilos, unha cifra récord, por suposto que o protagonista foi o godello con case seis millóns». Xa que, «valdeorras non solo é godello, hai moito máis, variedades brancas e tintas que teñen cada vez máis aceptación». 

PORTADA_somoscomarca_240601_obarco_feiradoviño_n877

Durante a súa intervención aproveito para dar «as grazas o Concello do Barco. Por iso llas quero trasladar no meu nome como no do Consello Regulador a toda a corporación barquense representada neste acto co seu alcalde, Alfredo García». Non quixo esquecerse de «agradecer a outras administracións como a Xunta, o Goberno central ou a Deputación de Ourense».

Este apoio «é moi necesario para o sector vitivinícola, que é un dos motores máis importantes da comarca e da provincia», subliña o presidente. Segundo asegura, o Consello Regulador non «non escatima nestes esforzos, apoiando a viticultores, cooperativistas e adegueiros. Todo vós sodes as pezas da engrenaxe que nos fai andar cara diante». 

Aproveitou este acto para «volver pedir dunha actualización vitícola e catastral tan necesaria. En moitas ocasións, non coincide ca realidade e causa moitas molestias e prexuízos».

Vídeo completo da súa intervención:

José Ramón Rodríguez Castellanos: «Durante o 2023 en Valdeorras vendimamos case 8...