sábado. 20.04.2024

A ViBoMask regresará a finais de xaneiro do 2022. Así o detallaron dende a organización, e tamén a alcaldesa dun dos dous municipios onde se fará o evento. Melisa Macía, alcaldesa de Vilariño de Conso, salientou a importancia do regreso deste tipo de actividades que dinamizarán tanto a súa vila como a de Viana nun preludio do Entroido que esperan poder celebrar no vindeiro ano.

Para a rexedora este tipo de novas danlle forza para seguir ca vida. O evento realizaráse sempre que a pandemia o permita. Por elo, e desexando que a situación chegue a calmarse de todo, tratarán de traer aos grupos de anos anteriores xunto a algún máis que aporte o toque de novidade.

A festa será cun protocolo anti-covid. O mesmo está pendente de definirse en función da situación epidemiolóxica neses intres. Tamén estudarán se realizar ou non a cea de confraternización que é habitual neste evento. Todo enmarcado nunha proba dun Entroido que, se ben non será igual ao do 2019 buscarán unha semellanza.

Por outra banda, estes días dende o consistorio comezaron a realizar as actividades de baile, pilates e pintura. Macía, salientou que é un alivio que despois de ano e medio podan volver a facerse. Non olvida que este tipo de ofertas lúdicas e deportivas custa máis facelas polo virus.

Nestas últimas semanas dende o concello están a comporbar como os veciños tanto residentes na vila como foráneos que teñen soutos, acoden a limpar as zonas antes de que chegue a época da recollida da castaña.

Regresa a ViBoMask a Viana e Vilariño de Conso