miércoles. 02.07.2025

A auga dos pobos de Vilamartín estará regulada por contadores

Hai que presentar o DNI e o recibo do IBI. A casa do pobo de Valencia do Sil estará aberta para os veiños do Barrio de Santiago o 8 de abril. En Correxais a data é o 10 de abril. En ambos os casos, será de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00

portada_somoscomarca_vilamartin_paisaje_otoño_riosil
portada_somoscomarca_vilamartin_paisaje_otoño_riosil

O Concello de Vilamartín comezaba a colocación de válvulas e contadores en distintos depósitos de varias parroquias no ano 2019. Aínda que «fai seis anos que se iniciaron as reunións cos veciños para saber como querían xestionar a auga», asegura Enrique Álvarez, alcalde de Vilamartín de Valdeorras. 

Durante estes encontros, todos os pobos, excepto «Córgomo, Baxeles e Portela» decidiron que fose o Concello quen se fixese cargo desta administración. Nese entón, «o que empezamos foi ca regulación e legalización das captacións». 

Na actualidade, «non están todas legalizadas, seguimos con ese traballo». De feito, fai arredor de medio ano, «puxémonos outra vez con este tema para ter auga nas condicións adecuadas e a colocacións dos contadores», explica Álvarez. 

Aínda que se están a levar a cabo estes trámites, «temos varios problemas porque, en principio, non se dan as condicións adecuadas en todos os núcleos». Polo tanto, ata que isto non se arranxe «non se vai cobrar o recibo». Pero o que si se debe facer é «colocar os contadores, xa que cada veciño non pode facer o uso que queira da auga».

Por outra banda, teñen coñecemento de que existen persoas que contan con «varios puntos de captación, entón é moi brusco dicir que vas cobrar a auga por todos eles. Se non se quere iso, terán que reducilos», aclara o alcalde do municipio. 

Con todo isto, os veciños deberán acudir a identificar a súa vivenda coa seguinte documentación: DNI e o recibo do IBI. Despois, asinar a solicitude correspondente no día e lugar correspondente. 

No caso do Barrio de Santiago, poderase acudir o 8 de abril na casa do pobo de Valencia do Sil. En Correxais será o 10 de abril. En ambos os casos, será de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00. 

A data límite para a regularización dos padróns destes dous núcleos é o 12 de abril, polo que todos aqueles inmobles que non están incluídos quedarán fora. 

A auga dos pobos de Vilamartín estará regulada por contadores