
O Complejo Hostelero Paladium, en Vilamartín de Valdeorras, acolleu un ano máis a entrega de premios da XXVI Cata dos Viños da D.O. Valdeorras, un evento que recoñeceu a calidade dos mellores brancos e tintos da comarca. Participaron un total de 20 adegas, con 50 viños: 29 brancos —19 deles da colleita 2024— e 21 tintos —10 tamén da última añada—.
No acto institucional participaron diversas autoridades locais e provinciais, que axudaron a repartir os premios: Enma González (INORDE), Elías Rodríguez (alcalde de Rubiá), Alfredo García (alcalde do Barco), Sherezade Núñez (tenente de alcalde de Vilamartín), Martín Alemparte (Axencia Galega da Calidade Alimentaria), Aurentino Alonso (concelleiro de Deportes do Barco), Patricia Lamela (alcaldesa de Larouco), José María Lago Cabo (Deputación de Ourense) e María del Carmen González (alcaldesa de Sobradelo e delegada especial da Deputación).e Marcos Prada (presidente do Consello Regulador.
Os viños premiados
Brancos (añada 2024):
- «O Luar do Sil Godello» – Pago de los Capellanes, S.A.
- «Joaquín Rebolledo Godello» – Joaquín Rebolledo, S.A.
- «O Luar do Sil Godello sobre lías» – Pago de los Capellanes, S.A.
Tintos (añada 2024):
- «Casal Novo Mencía» – Adega O Casal, S.L.
- «Mil Ríos Mencía» – Terriña, S.L.
- «Joaquín Rebolledo Mencía» – Joaquín Rebolledo, S.A.
Mencións especiais a viños doutras añadas:
- Branco: «Alento Godello 2023» – Bodega Roandi, S.L.
- Tinto: «Quinta da Peza Oro 2023» – Adega Quinta da Peza, S.L.
- Tinto: «D'Berna “Ele” Garnacha Tintorera 2018» – Guitián y Blanco, S.C.
Fixeron doblete as adegas Joaquín Rebolledo e Luar do Sil. Mentres o primeiro obtina os galardóns polo Godello e a Mencía. O Luar do Sil obtiña os dousprenios na categoria de blancos, cun godello e un godello sobre lías.

Marcos Prada: «Un sector que busca sempre a calidade»
O presidente da D.O. Valdeorras salientou que «a entrega de premios visibiliza o esforzo dos profesionais do viño» e que todos os viños participantes «son gañadores» pola calidade e traballo que representan. «Contribúen a dar identidade propia ao produto e á súa orixe», concluíu.

Sherezade Núñez: «O Sil, vertebrador do noso legado vitivinícola»
A representante do Concello de Vilamartín destacou a importancia simbólica e histórica do lugar: «O río Sil é o protagonista indiscutible da nosa identidade e do legado milenario que é a vitivinicultura». Recoñeceu tamén o valor das xeracións que seguen traballando a terra «con amor e dedicación».

María del Carmen González: «Os premios non se regalan» –
A delegada da Deputación fixo fincapé no esforzo que hai detrás de cada recoñecemento: «Son produto do traballo, da loita e do sacrificio». Reivindicou o papel da comarca como exemplo de calidade, tanto polos seus viños como pola «calidade humana das súas xentes».

Martín Alemparte: «Temos que converter os retos en oportunidades» –
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria abordou os desafíos actuais do sector: o descenso do consumo, a falta de relevo xeracional ou as novas normativas. Lembrou que «hai 50 anos naceu aquí o godello como se coñece hoxe» e que esa capacidade de adaptación debe seguir guiando ao sector.

Ao remate unos pinchos acompañaron os viños que se presentaron á cata e que os asistentes puideron fdegustar