
O CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín vén de ser recoñecido cun premio Accésit na categoría 1 (2º ciclo de Educación Infantil) no certame autonómico de equipos de dinamización da lingua galega “Nós tamén creamos”, onde resultou cañador o CEIP Xesús Golmar, de Lalín (Pontevedra) coa curta "Árbores no camiño". A entrega tivo lugar este mesmo día en Santiago de Compostela.
A obra premiada leva por título O avó de Zulamair e foi realizada polo alumnado de Educación Infantil do centro. A curtametraxe narra a historia dunha pequena raposiña chamada Zulamair, que vive nunha pequena aldea de Valdeorras e que soña con ter un avó. As súas amigas, preocupadas, achéganlle ideas e reflexións sobre o que significa ter un avó e como é posible atopalo no corazón mesmo da súa contorna.
Este recoñecemento destaca o labor creativo do alumnado e o compromiso do centro coa promoción da lingua e da cultura galega desde as primeiras etapas educativas.