lunes. 23.06.2025

Vilamartín acende a súa noite máxica de San Xoán con sardiñada e festa

O domingo 22 de xuño, a praza José Luis Núñez converteuse no centro da celebración organizada pola Asociación de Coveiros de Vilamartín, en colaboración co Concello

O domingo 22 de xuño, a Asociación de Coveiros de Vilamartín, en colaboración co Concello, organizaron a celebración de San Xoán, adiantándose á noite máxica para evitar coincidencias con outros eventos da comarca. A cita comezou ao redor das nove da noite na praza de José Luis Núñez, onde unha gran fogueira ardía como centro da festa.

somoscomarca_20250622_vilamartin_sanxoan_sardiñada (14)

Despois, coas brasas aínda quentes, preparouse a tradicional sardiñada, que contou cunha gran afluencia de veciños e veciñas. Por un prezo de 5 €, os asistentes desfrutaron de sardiñas a esgalla, acompañadas de pan, viño de Valdeorras e un saboroso postre.

somoscomarca_20250622_vilamartin_sanxoan_sardiñada (8)

A noite convidaba a gozar ao aire libre, con temperaturas agradables que animaban a compartir en familia, a boa comida e a música en vivo. A charanga Os Parrandas animou a velada, facendo que todos gozaran da noite e ata algún poido saltar a fogueira, seguindo a tradición.

 

Vilamartín acende a súa noite máxica de San Xoán con sardiñada e festa