martes. 19.03.2024

Era o segredo mellor gardado, como nos 23 anos anteriores, e quedou ao descuberto ás 20:30 horas do 6 de agosto, cando os primeiros participantes na Festa das Covas, subiron pola rúa Iryda —a que vai cara O Mazo ou Cernego—e desde esta a esquerda pola rúa dos Barreiros atopaban as primeiras covas, a do Tito e a de Manelán.

Foi o azul a cor elixida para esta 24 edición e luciu nas cuncas, nas bonecas, no colo, na cintura e na man dos milleiros de persoas que buscaron tras dous anos de parón a festa e a diversión en torno a o viño, nun lugar cargado de historia e de historias que merece a pena coñecer.

Pola rúa Fonte Chelos, onde se desvelou a outra sorpresa da noite, unha gran paella, xente chea de vida e con ganas de diversión chegaba a rúa do Caño que estreaba piso e iluminación.

Máis de 45 covas participaron nesta edición na que había xente de case que todos os recunchos de Galicia, tamén de Asturias, Madrid, Pais Vasco, Palmas de Gran Canaria, León, e un largo etcétera.

A festa comezou de forma oficial o sábado co pregón de Silvia Rodríguez, onde se homenaxeou a muller e ao seu traballo no mundo do viño.

A Festa das Covas tinguiuse da cor azul dos case 5000 panos dos participantes