viernes. 29.03.2024
¿Queres unirte aos Andarines de Arcos para facer A Carreira das Cidades?

A Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas xa está en marcha. Todos os rexistrados poden empezar a correr na modalidade que se apuntasen con un obxectivo común: investigar sobre esta enfermidade, 3º causa de morte por cancro en España.

Mañá domingo os Andarines de Arcos uniranse a Carreira das Cidades en Vilamartín facendo a «Ruta dos Pueblos». Un percorrido que os levará por todas aldeas do concello de Vilamartín e que, segundo aseguran desde este grupo de deportistas: «É un honor e unha homenaxe  a todos os falecidos e enfermos de cancro, e para que se siga investigando».

A camiñata discorrerá por parte de rutas tan emblemáticas como a da Vía Nova, Camiño de Inverno, Santa Compaña, Loba da Fada e Senda Verde Río Farelos.45 quilómetros que comezan na praza de Arcos e rematarán no mesmo lugar, iso si cunha cervexiña ou un refresco e un cacho de empanada, aínda que o que queira facer menos traxecto ou unirse aos camiñantes noutro punto tamén poden facelo.

«Todo o que queira vir, será ben recibido e si algún quere facer parte ou unirse o noso paso por algún sitio o mesmo», din desde Andarines de Arcos. Os que salgan desde a praza de Arcos terán que estar no punto de partida as 8:00 horas. O percorrido é o seguinte: Arcos , Valdegodos, Penouta, Arnado, Correxais, Valencia do Sil, San Miguel, Vlamartín, Cernego, Robledo, San Vicente, Baxeles, O Mazo, Córgomo, Portela e desde aquí de volta a Arcos pola Senda do Río Farelos.

«Xuntos somos mais fortes, os pueblos tamén existen» y é que desde Andarines de Arcos ademais de solidarizarse coas persoas afectadas polo cancro de páncreas tamén reivindican a identidade dos pobos para que sigan «vivos».

Desde o Xoves 18 e até mañá 21 de novembro Vilamartín énchese da marea morada, aínda que de novo cada un correrá a súa propia carreira para evitar grandes aglomeracións. Nesta edición de 2021 establécense de novo varias modalidades que son: Marcha camiñando 5 km; Carreira 5 km; Marcha camiñando 10 km; Carreira 10 km; Bici de estrada 60 km; Bici de BTT 30 km; Cadeira de rodas 10 Km; Cadeira de rodas 30 Km e Cadeira de rodas 5 Km.

¿Queres unirte aos Andarines de Arcos para facer A Carreira das Cidades?