lunes. 02.06.2025

Programa especial da Festa das Covas de Vilamartín, un «patrimonio vivo»

Con Enrique Álvarez, alcalde da vila; Nita Macía, vilamartinesa e pregoeira deste ano; e Tito Rodríguez, da Asociación Coveiros, falamos de turismo nesta cita e damos todos os detalles prácticos
Enrique Álvarez, alcalde do municipio; Nita Macía, vilamartinesa y directora del Clúster de Turismo Sostenible en Aragón; Tito Rodríguez, miembro de la directiva de la Asociación Coveiros

Esta primeira fin de semana de agosto está marcada en moitos calendarios pola Festa das Covas de Vilamartín. En Radio Valdeorras dedicamos precisamente un espazo destacado para falar desta cita con Enrique Álvarez, alcalde do municipio; Nita Macía, vilamartinesa, directora del Clúster de Turismo Sostible en Aragón e pregoeira deste ano; e Tito Rodríguez, membro da directiva da Asociación Coveiros.

Hoxe venres 2 de agosto arrincará a programación co pregón, ás 20:30 horas, e coa chamada "Ruta Pequena" ao seu remate. Ademais realizarase unha homenaxe a Encarnación Fernández, colaboradora, e a un coveiro, Adel Núñez.

Xa mañá sábado día 3 será o día grande, coa ruta polas covas a partir das 20:30 horas. Abrirán así as súas portas para visitantes e veciños, que poderán desfrutar do viño e tamén da comida. Ás 00:00 da noite, no recinto da festa, haberá música con dous dj's

En canto ao transporte, e para asegurar unha circulación segura, estará dispoñible un servizo de autobús gratuíto dende a Estación de autobuses da Rúa —a partir das 19:30 horas— e da Estación do Barco —ás 20:00—. Dende ese momento haberá servizo ininterrumpido entre os tres concellos. 

Programa especial da Festa das Covas de Vilamartín, un «patrimonio vivo»