
A Feira de Produtos Tradicionais de Córgomo celebrarase o vindeiro 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas. Este 2024 repite formato, xa que como subliña Soledad Figueroa, presidenta da asociación de mulleres, «vamos por esa segunda edición porque o ano pasado quedamos moi contentos, tanto os feirantes coma os participantes».
O evento realizarase na Praza dos Bolos, desde as 11.00 horas ata as 14.00 horas. E, aínda que se acaba de dar a coñecer, xa hai un bo número de persoas que se interesaron por mostrar os seus produtos. «Hai varios postos confirmados como mel, viño —evidentemente non podía faltar—, doces variados, artesanía. Teremos pulpeira, como non. Senón non sería unha feira como é debido», recalca a presidenta.
«Estamos intentando traer máis cousas e convidamos a toda a xente tanto os que queiran vir para vivir ese día, como aos feirantes que queiran expoñer os seus produtos», engade Figueroa. Os que queiran estar presentes nalgún posto teñen que enviar un correo electrónico a corgomuru@gmail.com e indicar o que teñen para expoñer.
Ademais da feira, os días previos —do 13 ao 16— Anxo Baranga membro de Furafollas Agrupación Teatral, impartirá un obradoiro de tradición oral, «aberto a todo o mundo de 9 a 99 anos». Soledad Figueroa aseguraba: «Este ano queremos facer máis cousas, ademais do da feira de produtos tradicionais. Anxo a través dedo seu grupo Furafollas Teatro está facendo narrativa oral para ensinarlle a xente a tradición de contar contos e historias nos pobos, e isto estao facendo por toda Galicia. Temos a oportunidade de facelo en Cógomo».
Desde a asociación de mulleres invitan a todo Valdeorras a participar nestas actividades. «Non son só para a xente de Córgomo, senón para todos aqueles que queiran participar con nós», remataba a presidenta,
Así foi a feira o pasado ano: