
O alcalde de Vilamartín destaca que a xente quere voltar ao rural tras o paso da pandemia
O Concello de Vilamartín de Valdeorras comenzou a recibir chamadas tras o confinamento de personas que ven queren comprar terreno para facer edificacións ou arranxar vivendas antigas, tamén notaron a presenza de veciños que decidiron voltar a súa segunda residencia.
Así o destacou o alcalde da localidade Enrique Álvarez Barreiro. «Algunha xente xa veu para o concello, que nos parece un pouco extraño porque ata agora non estaba permitida a mobilidade dentro da mesma comunidade, pero xa vimos como veu a xente para as vivendas, parecíanos extraño que xa puderan andar, algúns teñen motivos xustificados».
Isto para Álvarez Barreiro significa que a xente quere voltar aos pobos, ou al menos telos en conta nas súas vidas, iso según explicou o rexedor estase notando no aumento de solicitudes para comprar parcelas e facer novas edificacións ou para restaurar as casas antigas. «Agrádanos que a xente quera vir aos pueblos, estámolo notando bastante, aparte das personas que están chamando por teléfono, están os que xa viron ou os que están arranxando as casas que tiñan nos pueblos, tamén hai xente que xa comprou, iso nos está motivando dende o concello para mirar como axudar a esta xente» destacou o alcalde de Vilamartín.
Isto podería acabar co problema que teñen os núcleos rurais que ten Vilamartín, onde moitas edificacións antigas vense afectadas polo paso do tempo necesitando que a xente as arranxe. «Si a xente volve a botarlle a man, benvido sexa, nos esperámolos cos brazos abertos, aínda que a veces xenera controversias».
Co de controversias Álvarez Barreiro refírese a veciños que ven regresan ou viven por primeira vez no rural enfróntanse a cousas habituais no entorno dos pobos ao que non están acostumados. «A xente da cidade ven acostumada a unha forma de vida. Non é de agora mesmo, o vimos comprobando dende tempo atrás, xente que marchou fai 30-40 anos e non se lembra de que nos pobos hai gando, vacas, galiñas, galos, un pouco de todo, non en todos pero sí en algúns, e non lembran de que isto ten os seus inconvintes e están facendo reclamacións a diario. Ao final todos se van integrando, temos que convivir entre todos».
Pero a lugares coma Vilamartín non queren regresar únicamente dende as cidades, o alcalde da localidade afirma que incluso do Barco chama a xente para preguntar. «Non hai cor, no rural ti tes a túa casa con un trozo de horta e os veciños apenas enterámonos da situación en comparación cos que pasaron o confinamento nun piso».
Tampouco quiso pasar por alto Barreiro que os pobos como Córgomo ou Arcos, Valencia do Sil ou Arnado entre outros, teñen moitas posibilidades de ter unha vida populosa nas súas rúas dando unha imaxe similar a de fai décadas, a pesares de que moita xente non fai vida no pobo. «Por qué a xente non está todo o día no pobo?. A xente optou por levar aos nenos ao cole no Barco. Non entendemos esa situación, nos temos un colexio fantástico en Vilamartín, é necesario que a xente que vive aquí leve aos nenos ao noso colexio, non hai máis calidade de ensino no Barco do que pode haber en Vilamartín, os mestres son os mesmos e igual de bos. É unha pena que non vexan eso, que non falo nada en contra dos colexios do Barco ou da Rúa, simplemente defendo que os nosos nenos deberían empregar o noso colexio».
Neste verán atípico no Concello de Vilamartín tamén abrirán en datas próximas as piscinas municipais. «Temos pensado abrir o día 22, con todas as medidas de seguridade lóxicamente, porque é importante todo o que non están decindo dende o Goberno Central e agora dende a Xunta de Galicia dirános todas as medidas que deberemos tomar e por suposto tomaremos todas ás medidas» concluíu Álvarez Barreiro.
Se queres escoitar todo o que dixo Enrique Álvarez Barreiro podes facelo na seguinte ligazón: