domingo. 01.06.2025

«O campo de fútbol do Bañadoiro podería estar aberto nun mes»

Obras no ximnasio, a apertura de aseos públicos e a licitación do bar das piscinas para que estea aberto todo o ano son algúns dos proxectos que avanzou o alcalde de Vilamartín, Enrque Álvarez Barreiro

somoscomarca_240425_vilamartin_bañadoiro_enriquealvarezbarreiro_14
«O campo de fútbol do Bañadoiro podería estar aberto nun mes»

As obras de mellora no campo de fútbol do Bañadoiro, para o CD Córgomo-Vilamartín, están chegando ao seu fin. Segundo confirmaba o alcalde, Enrique Álvarez, «esperamos que dentro dun mes poidamos empregalo». Destacaba ademais os problemas que deu esta obra, como os relacionados coa terra, que «ao ser moi arcillosa se acumula moita auga e se reblandece». 

somoscomarca_240425_vilamartin_bañadoiro_campodefutbol_15 (6)
Estado do campo de fútbol en Vilamartín, no Bañadoiro, a 25 de abril de 2024.

Agora, para solucionalo «metimos un microdrenaxe que sacará as augas polos lados e os levará a uns recolledores que están no perímetro. Agora vaise a abonar e replantar». Un perímetro que se emplaza no Bañadoiro, un espazo que conta cunha pista de pádel, de petanca, un campo de fútbol 7, cancha de tenis e un parque infantil. 

En canto ao campo de fútbol «estamos rematando de perimetrar e colocaranse as redes para que os balóns non saian cara o río sobre todo». Indicaba o rexedor que teñen xa as porterías, os banquiños, e agarda que «a próxima semana estea rematado». 

somoscomarca_240425_vilamartin_bañadoiro_campodefutbol_15 (7)
Arredores do campo de fútbol, no Bañadoiro, a 25 de abril de 2024.

Próximas actuacións

Enrique Álvarez avanzou algunhas obras e próximas aperturas no concello de Vilamarín, comezando polo proxecto para o ximnasio. «É algo que queremos compartir con Asfaval para que poidan facer uso desas dependencias. Tamén faremos una ventanais cara o río». Neste senso incidía en que «aínda estamos co proxecto. A idea é conseguir unha subvención». 

Outra das iniciativas destacadas polo alcalde foi a «próxima apertura do bar das piscinas. Xa está adxudicado e a idea e que estea aberto durante todo o ano». Con todo, avanzaba tamén un proxecto que teñen «en mente: máis pronto que tarde, abriremos uns aseos públicos». 

«O campo de fútbol do Bañadoiro podería estar aberto nun mes»