domingo. 01.06.2025

O pobo de Baxeles (Vilamartín de Valdeorras) segue á espera dunha «solución»

Transcorridos dous meses, María Isabel Losada é a encargada de contar a actualidade deste asunto
P_somoscomarca_240313_vilamartin_baxeles
Veciños de Baxeles

O pobo de Baxeles, en Vilamartín de Valdeorras, levan dous anos loitando por poder ter un teléfono fixo na casa e, tamén, por ter cobertura. «A raíz de que quitaron o cobre, deixou de funcionar o fixo. A maioría da xente é maior, vive sola, entón atópaste na situación de ter unha urxencia non podes chamar por teléfono», aseguraba Maribel Domínguez, veciña do pobo, nunha entrevista ofrecía a Somos Comarca. De feito, no caso de que se pretenda facer unha chamada, a única solución é «saír a medio quilómetro ou as viñas para ter cobertura», explicaba.

Transcorridos dous meses, María Isabel Losada é a encargada de contar a actualidade deste asunto. Durante este tempo «viñeron os técnicos que nos aconsellaron poñer satélite, que foi o que nos dixo o delegado cando veu o concello». 

O experto «estivo mirando por todas as casas e non temos cobertura», explica Losada. Segundo o que comenta nos únicos sitos nos que si que hai unha boa conexión é no «faiado ou lousado». Unha das veciñas de Baxeles estaba a espera de conectar o satélite, pero «inda non lle instalou nada», xa que había certas dúbidas de si podería manter o mesmo número fixo. 

Outra persoa afectada recibiu o técnico de Movistar para «instalarllo e comentoulle que non podía facelo porque a antena no lousado non lla podía poñer por problemas de non subir arriba». A maiores, colocándoa na fachada «onde tiña unha antena de Canal +, díxolle que non tiña cobertura porque lle molestaba a casa de enfronte», explica María Isabel Losada. Polo tanto, despois de tantas negativas, aseguráronlle que «a única solución sería a fibra». 

Pola súa banda, Enrique Álvarez, alcalde de Vilamartín, fai fincapé en que «quedou claro que hai solución por satélite e que este ano lle porían a fibra». 

O proxecto da fibra

María Isabel Losada tomou a decisión de poñerse en contacto con «unha consellería, alguén de telecomunicacións». A persoa que a atendeu comunicoulle que «Córgomo e San Vicente teñen fibra pasando o cabreado polo noso pobo. Nós estamos en proxecto do 22-23 con Arcos e Portela». Entón, «a persoa que me atendeu fixo un escrito a compañía e inda non recibiu resposta e fai un mes». 

A cobertura móbil

Outra das cousas que non cambiou foi a cobertura móbil, «sigue no mesmo estado», asegura Losada. Ao que engade: «O que nos comentaran é que eles o do teléfono móbil non se moven. Dicen que é cousas das compañías, pero seguimos incomunicados». 

Sumado a estas problemáticas Losada cree que «o sistema de radio xa non funciona. Cando colles o teléfono fixo, por unha chamada, fai un ruído que non se escoita nada. Polo que nos comentan é por falta de cobertura». 

Se quere escoitar a entrevista completa pódeo facer aquí:

Visita a Baxeles fai dous meses

O pobo de Baxeles (Vilamartín de Valdeorras) segue á espera dunha «solución»