domingo. 01.06.2025

A loita de Baxeles (Vilamartín) chega o Ministerio de Transformación Dixital

A veciñanza de Baxeles leva 2 anos esperando a ter unha solución para poder, polo menos, ter un teléfono fixo
A loita de Baxeles (Vilamartín) chega o Ministerio de Transformación Dixital

O pobo de Baxeles, en Vilamartín de Valdeorras, levan dous anos loitando por poder ter un teléfono fixo na casa e, tamén, por ter cobertura. «A raíz de que quitaron o cobre, deixou de funcionar o fixo. A maioría da xente é maior, vive sola, entón atópaste na situación de ter unha urxencia non podes chamar por teléfono», explica Maribel Domínguez, veciña do pobo. De feito, no caso de que se pretenda facer unha chamada, a única solución é «saír a medio quilómetro ou as viñas para ter cobertura».

Enrique Álvarez, alcalde de Vilamartín de Valdeorras, explica que esta situación se puxo en «coñecemento do Ministerio para a Transformación Dixital, isto foi na semana pasada, e hoxe xa recibimos unha chamada advertíndonos que no seu momento, habían proposto a posibilidade de ter cobertura por satélite e parece ser que algún veciño acolleuse a esa opción e outros que non». 

De calquera maneira, Álvarez asegura que «máis pronto que tarde eles van acudir o pobo de Baxeles para intentar solventar este tema». Aínda que isto se solucione, o alcalde quere facer fincapé en que na zona «están coa colocación da fibra, fai case 3 anos ou máis, coa que nos advertiron que no primeiro ano ían dar cobertura a metade de pobos e no segundo que darían o resto, e seguimos ser ter cobertura na meirande parte».

Aínda que agora se puxera en marcha estes procedementos, Enrique Álvarez recoñece que «teño parte de culpa, porque nos meses deste verán en algún momento enviáronnos un escrito os veciños e veciñas de Baxeles advertíndonos desta situación». Nese momento, «non atendín a demanda», entón «non volvín saber do tema ata a semana pasada»

A loita de Baxeles (Vilamartín) chega o Ministerio de Transformación Dixital