
Carballeda, O Barco, A Rúa, Rubiá... candidatos e veciñanza responderon con ilusión á primeira retransmisión en vídeo dunha xornada electoral na comarca.
A do 26M foi unha xornada especial en Valdeorras por ser domingo electoral pero tamén por ser a primeira vez que un medio de comunicación facía unha cobertura dos resultados en directo e retransmitida en vídeo. Pero antes do escrutinio, percorrimos a comarca para recoller o ambiente nos colexios e a experiencia da veciñanza.
A xornada desenvolveuse con normalidade en toda a comarca, se ben nunha das mesas do Bolo a Garda Civil tivo que acudir convocada polo equipo do PSdeG-PSOE que consideraba que os apoderados do PP non debían estar presentes na constitución da mesa. Os candidatos de ambos partidos explicaron a súa versión da polémica.
Durante o día tamén acompañamos a moitos dos candidatos no momento no que votaban e deixaron unha reflexión para a veciñanza. Outros mandaron eles a súa propia mensaxe.