Falemos de historia, falemos de tradicións. Hoxe vamos coñecer a maneira de facer os aceites na zona de Quiroga. Ese ouro líquido que teñen neste municipio e do que tan orgullosos se atopan. Para poder coñecer en profundidade a historia que hai detrás desta fabricación contamos coa axuda de Ramón Vila, director do museo etnográfico do municipio.

Para esta entrevista, como non podía ser de outra maneira, localización elixida é o tradicional muíño da Farrapa —construción de pedra e lousa restaurada polo Concello en 1993—. «O que se fai aquí é amosar como se facía tradicionalmente o aceite. Neste caso, o que se realizaba entorno das parroquias do río Sil, que é onde se cultivaba aceite», explica Vila.

Pola zona hai distribuídos uns 30 ou 40 muíños, «pero non todos están en funcionamento. Este conta co mecanismo orixinal, calculamos que ten entre 250 ou 300 anos», relata.
O proceso completo
O primeiro cambio que se pode observar é que agora «ciclo do aceite adiantouse case un mes. Antes facíase no nadal, agora a mediados de novembro xa está rematado», explica.
Para poder realizar o proceso completo, o primordial é recoller a oliva e transportala o muíño e moela. Para este labor utilizase unha «pía cóncava pola que circula unha pedra movida por un animal pequeno ou forza humana». Aínda que en moitas ocasións se crea que sempre era un burro o encargado deste proceso, «pero a verdade era que a maioría das veces eran seres persoas», asegura.
Rematado este primeiro paso, obtense unha pasta, entón débese pasar a procesala. Esa masa que se obtén colócase nuns capazos de esparto encima dunha pedra horizontal, amontóase unha ducia. Para poder estendela e nivelala empregábase un coitelo de madeira. «Colocado todo, faise incidir un peso dunha grande viga de sobreira cun contrapeso. Isto provoca que a pasta quede prensada e solte o aceite», explica Vila.
Esta última fase se divide en tres máis. «O de mellor calidade é o primeiro, botámoslle agua fría. Despois dúas máis con auga quente. O último que sae utilizábase para as lámpadas ou para darlle os animais», aclara. Neste proceso a auga saía por unha tubaxe.