viernes. 19.04.2024
somoscomarca_larouco_sanxoanderio_igualdade_enrede_2022
Actividades en San Xoán de Río e Larouco para fomentan a igualdade

Traballar pola construción efectiva dunha sociedade máis igualitaria e sostible é o obxectivo do proxecto #EN REDE que están a desenvolver de forma conxunta os Concellos de San Xoán de Río e Larouco entre os meses de xuño a setembro.

O proxecto, pioneiro en Galicia, alcanzou o terceiro posto en provisión do fondos dos 50 proxectos concedidos en toda Galicia dentro da convocatoria do Programa de promoción da igualdade e de prevención e tratamento da violencia de xénero para Entidades Locais da Consellería de Emprego e Igualdade. Supón así alcanzar o obxectivo de dous concellos de menos de 5000 habitantes para sumar esforzos e tratar de desenvolver proxectos que impacten de forma positiva na cidadanía á vez que suman na consecución das metas dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible de Nacións Unidas.

As actividades que continúan este mes de setembro están dirixidas ás mulleres de ambos concellos e pretenden fomentar a súa participación na vida social, económica, política e cultural, o que redunda nunha mellora da súa autoestima e fomenta as súas capacidades de liderado.

Para acadar estes obxectivos durante estes meses estanse a ofertar 3 tipos de actividades nas que están a participar de forma gratuíta todas as mulleres:

  • A promoción do coidado da súa Saúde a través de actividades deportivas e de adquisición de hábitos de vida saudables que está a desenvolver o ximnasio TRIVESPORT
  • A atención individualizada a través da prestación de asesoramento social, psicolóxico ou xurídico, así como actividades grupais, que está a desenvolver a Asociación ANEL.
  • A participación cidadá a través de actividades lúdicas con carácter interxeneracional e inclusivo que está a desenvolver a empresa de Ocio e Tempo libre de Analía Rodríguez.

Todas as actividades compleméntanse con formación especializada en sensibilización en igualdade de xénero, para reforzar competencias clave vinculadas ao desenvolvemento persoal e emocional de todas participantes. O proxecto que está tendo unha acollida magnífica entre as mulleres de ambos Concellos pretende continuar as actividades ao longo de tempo e fomentar redes que ofrezan espazos para aumentar a participación das mulleres e dos colectivos menos atendidos, incorporando a interseccionalidade da diversidade

Actividades en San Xoán de Río e Larouco para fomentan a igualdade