lunes. 30.06.2025

San Xoán de Río leva o rural ao corazón da capitalidade da provincia

Unha xornada pioneira no Centro Comercial Ponte Vella onde tradición e innovación uníronse para reivindicar o valor do territorio e das súas xentes, na que o rural se expresou con orgullo a través da danza, a cociña e o envellecemento activo.
somoscomarca_centrocomercialpontevella_sanxoanderio- 2075
San Xoán de Río leva o rural ao corazón da capitalidade da provincia

O Concello de San Xoán de Río, situado na Ribeira Sacra ourensá, protagonizou este sábado unha xornada cultural no Centro Comercial Ponte Vella, cun obxectivo claro: achegar o talento, a identidade e os proxectos do rural galego ao corazón da cidade de Ourense.

somoscomarca_centrocomercialpontevella_sanxoanderio- 2072
Así estaba o Centro Comercial Pontevella con San Xoan de Río 

A iniciativa combinou cultura, gastronomía e innovación social para demostrar que o rural non só está vivo, senón que marca o paso cara ao futuro. Durante a xornada presentáronse tres proxectos que definen o presente e o porvir deste pequeno —pero activo— concello de montaña.

somoscomarca_centrocomercialpontevella_sanxoanderio- 2080

Mulleres de Río: recoñecemento europeo con alma e emoción

O público quedou emocionado coa actuación das Mulleres de Río, que interpretaron dúas coreografías simbólicas —O vals das bolboretas e Madre Tierra— para celebrar o diploma recibido como finalistas na Capital Europea da Inclusión e a Diversidade 2025.

San Xoán de Río converteuse así no concello máis pequeno en chegar a esa fase, competindo con grandes urbes como París, Cracovia ou Bilbao.

somoscomarca_centrocomercialpontevella_sanxoanderio- 2074
As mulleres de San Xoán de Río comprobando como vai o cociñado da tenreira

A Festa da Tenreira prepara a súa terceira edición con showcooking e sabor a montaña

A xornada serviu tamén para presentar oficialmente a III Festa da Tenreira, que terá lugar o 14 de agosto. Como aperitivo, o público puido gozar dun showcooking en directo a cargo da Pensión Palomos, con degustación gratuíta de tenreira da zona, viño da Ribeira Sacra e bica artesá.

Un adianto perfecto do que será, sen dúbida, unha das citas gastronómicas do verán na montaña ourensá.

somoscomarca_centrocomercialpontevella_sanxoanderio- 2076
Así se demostra o arte do rural, bailando, interpretando e divertíndose

Festival da Lonxevidade: envellecer con orgullo e comunidade

Outro dos momentos destacados foi o lanzamento do Festival da Lonxevidade, que se celebrará os días 8 e 9 de agosto, e que porá o foco no modelo de vida activo e comunitario que caracteriza a San Xoán de Río.

O municipio, coñecido por ser un dos máis envellecidos de Galicia, reivindícase agora como un exemplo de lonxevidade con orgullo, vida e futuro.

somoscomarca_centrocomercialpontevella_sanxoanderio- 2079
Significativa imagen de Xosé Miguel Pérez, alcalde de San Xoan de Río; Enma González, xerente do Inorde e Jorge Bermello. Presidente do Centro Comercial Pontevella, apoiando o Día do Orgullo LGTBI+

«Foi unha xornada simbólica, pero tamén necesaria: demostramos que o rural ten moito que dicir, tamén en espazos urbanos. É preciso tecer pontes entre tradición e vangarda, entre o rural e a cidade», destacou o alcalde, Xosé Miguel Pérez Blecua.

somoscomarca_centrocomercialpontevella_sanxoanderio- 2077

O Concello agradeceu o apoio do Centro Comercial Ponte Vella, Inorde, o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, Turismo de Galicia e a Denominación de Orixe Ribeira Sacra, lembrando que esta intervención forma parte dunha estratexia máis ampla para posicionar San Xoán de Río como referente de innovación rural, cultura viva e futuro demográfico.

somoscomarca_centrocomercialpontevella_sanxoanderio- 2078

San Xoán de Río leva o rural ao corazón da capitalidade da provincia