jueves. 29.02.2024

O programa de voluntariado da Xunta recupera a ruta da ermida de Santo Estevo en Rubiá

Esta acción dentro do Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra en Rubiá, enmárcase no programa de voluntariado ambiental interxeracional, que desde xuño ata este mes de outubro desenvólvese durante as fins de semana en 18 espazos naturais de Galicia
p-somoscomarca_231007_rubia_voluntaruado_serraenciñadalastra
O programa de voluntariado da Xunta recupera a ruta da ermida de Santo Estevo en Rubiá

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, estivo o sábado 7 de outubro, coas persoas que esta fin de semana realizan tarefas de limpeza e conservación  no Parque Natural Serra da Enciña da Lastra. Esta actividade enmárcase no programa de voluntariado ambiental interxeracional, que desde o pasado mes de xuño e ata este mes de outubro desenvólvese durante as fins de semana en 18 espazos naturais de nosa comunidade.

Cristina Pichel destacou a importancia que desta iniciativa para dar a coñecer, impulsar o respecto e coidar o patrimonio natural de Galicia desde unha perspectiva interxeracional. Con este obxectivo, lévanse a cabo tarefas de limpeza, sinalización, eliminación de especies exóticas invasoras ou de catalogación da fauna e flora de zonas de especial valor paisaxístico, ecolóxico e medioambiental.

A intervención voluntaria na mañá deste sábado, na Serra da Eciña da Lastra centrouse na poda de árbores queimados na ruta da ermida de San Estevo. A xornada completouse cun percorrido polo centro de visitantes deste parque natural e rematou cun xantar na aldea de Pardollán.

Balance

Nesta terceira edición do programa de voluntariado ambiental interxeracional ocupáronse o 96% das preto de 450 prazas ofertadas, o que demostra o gran interese que esperta esta iniciativa. A media de idade dos participantes é de 33 anos e a persoa voluntaria de máis idade que participou ten 79 anos.

Ao abeiro desta iniciativa, programaronse accións nos seguintes espazos: Parque Nacional das Illas Atlánticas (Illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada); nos parques naturais da Baixa Limia e Serra do Xurés, Invernadeiro, Serra da Enciña da Lastra, Monte Aloia, Fragas do Eume, e complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán; e nas reservas da biosfera Terras do Miño, na do Río Eo, Oscos e Terras do Burón, na das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, na Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel ZEC canón do Sil, e na reserva Ancares Lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá. Ademais, e por primeira vez, tamén se programaron actuacións nos Monumentos Naturais A Fraga de Catasós e Costa do Dexo.

O programa de voluntariado da Xunta recupera a ruta da ermida de Santo Estevo en Rubiá