
O custo das obras de mellora do sistema de tratamento de augas terá un custo de 48.000 euros
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda anunciou a achega a través de préstamos sen xuros un total de 48.000 euros ao Concello de Rubiá co obxecto de financiar a actuación de mellora do sistema de tratamento de auga potable no municipio.
Esto prodúcese tras a firma dun convenio de colaboración que lle dará acceso a este municipio ourensán ao Fondo de Cooperación do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), instrumento de apoio aos concellos de menos de 50.000 habitantes para o financiamento de obras de rehabilitación e conservación do patrimonio construído.
Rubiá poderá dispoñer de 48.000 euros para instalar un sistema de filtración no depósito de Lago, contía que poderá devolver ao IGVS en oito anualidades e sen impostos engadidos.
Esta obra terá por obxecto eliminar a turbidez da auga que se produce en determinadas épocas do ano e que por conseguinte afectan aos veciños desta localidade. Para conseguilo, executarase unha caseta independente ao depósito para a instalación do sistema de filtrado, así como os equipos complementarios (valvulería, precloración e sistema de lavado) e a relocalización dos equipos de dosificación e almacenamento de hipoclorito existentes.