A Rabiosa ten nova directiva e unha morea de actividades nos vindeiros meses

A Rabiosa ten nova directiva e unha morea de actividades nos vindeiros meses
Magosto, iluminación de nadal e actividades culturais antes de que remate o ano. Festas gastronómicas, un concerto solidario e una andaina entre os proxectos  para o vindeiro

A asociación de vecinos A Rabiosa da Portela ven de renovar a xunta directiva. Sandra Álvarez é a nova presidente e Odra Rodríguez, a secretaria. Acompañan estas dúas loitadoras e implicadas en que A Portela funcione, Milucho, Jose «Caza», Desi e Mónica, estas dúas última novas recién incorporadas. «Xente nova que ten ganas e con moitas ideas», subliña a presidenta.

Sandra, Caza e Odra agardando a chegada dos ciclistas

Atopamos a Sandra, Odra e Caza na zona de avituallamento da Ruta BTT que se celebrou o domingo e adiantaron a Somos Comarca que, antes de que remate o mes sen ir mais lexos, celebran o magosto que organiza o concello coa axuda e colaboración da asociación e dos veciños. Será o 31 de outubro ás 20.00 horas na praza da festa.

Os da Rabiosa na inauguración da estatua do burro que simboliza á Portela

Ademais xa están preparando o «fuerte» sinala Odra, «luces, decoración navideña, cena pre-navideña». E, é que esta asociación prepara una cena da veciñanza pensando nas persoas que teñen que pasar a derradeira noite do ano en soidade. «Queremos que pasen una noche acompañada y hasta le ponemos campanadas y hasta comemos las uvas», recalca.

Membros da asociación o pasado Nadal

En xaneiro descansan e xa o sábado antes do entroido a cita será coa gastronomía, volverá a facerse a Festa do Caldo, que o pasado ano non puido degustarse e nesta segunda edición agardan que todo vaia ben.

Exposición de arte nas rúas da Portela, en 2022

O Día da Muller, o 8 de marzo, haberá unha sorpresa solidaria. Ao longo da primavera celebrarase a andaina que percorrerá nesta ocasión un lugar máxico do territorio e tamén cuxa recadación tamén se destinará a fins benéficos.

Sorteo de agasallos na Festa do Caldo do pasado ano

A arte volverá ás rúas da Portela xa que a primeira edición foi un «exitazo», pero haberá que agradar a que comece o 2024 para poñerlle data. Moitos proxectos deste grupo de veciñas e veciños que teñen moitas gañas de traballar polo seu pobo e tamén que a xente veña a visitalos.

 

Odra e Sandra, secretaria e presidenta da nova directiva

Conversamos con Odra, Caza e Sandra na zona de avituallamento da BTT Ruta do Viño de Valdeorras: