viernes. 27.06.2025

A Rabiosa impulsa que A Portela (Petín) se vista de luces

A  asociación de veciñal, A Rabiosa, motivou a encher de luces e decoracións de Nadal A Portela e tamén animou aos veciños para que ampliasen estos adornos

«Non é Vigo, pero casi», sinalan os membros da Asociación de Vecños A Rabiosa, da Portela, con quen falamos e visitamos un pobo cheo de luz.

Un  obradoiro de «manualidades», foi o detonante de que A Portela «relocese máis ca nunca» no Nadal. Conta Sandra un dos membros da asociación A Rabiosa. «todo comezou cun taller de manualidades para os nenos. Comezamos facendo unha pequeniña decoración para os veciños que eles colgaron nas súas casas e logo solicitamos a súa colaboración para que as decorasen un pouquiño máis».

somoscomarca_aportela_petin_navidad_luces_2022 (17)
Unha das Rúas da Portela

Pero ese pouquiño fóiselle das mans, segundo puidemos comprobar in situ e, é que en comparación case que ten «máis luces que Vigo». «Animáronse un montón», recalca Sandra. Coma di Odra, outra das persoas da asociación, «empezamos como quien no quiere la cosa y al final hubo pique, del bueno claro. El caso es que todos quisimos que nuestro pueblo y nuestras casas quedaran muy bonitos».

somoscomarca_aportela_petin_navidad_luces_2022 (40)
Parte da decoración da casa de Tano

Entre as máis das 20 casas decoradas hai dúas que destacan das demais, a de Tano —o pulpeiro— e a de Cahorro, que se ven desde a estrada N-533 que vai a Viana.

somoscomarca_aportela_petin_navidad_luces_2022 (8)
A casa de Cahorro sen dúbida é unha das que ten máis luces

Hugo o máis pequeno da cuadrilla axudou ca decoración ao seu avó Bautista facendo os bonecos de madeira que se atopan por toda A Portela.

somoscomarca_aportela_petin_navidad_luces_2022 (30)
Hugo cun dos bonecos que axudou a facer ao seu avó

Maxi pola súa parte  ten a súa casa chea de Papá Noeis, uns subindo pola fiestra, outro saíndo e entrando da cheminea, outro bailando e, moitas, moitas luces.

somoscomarca_aportela_petin_navidad_luces_2022 (23)
Papá Noel da casa de Maxi

Aínda ca asociación creouse hai moitos anos é ultimamente cando máis actividade ten. O pasado verán fixeron unha cea na que se serviu unha gran paella para axudar a pagar as festas do San Vitoiro.

somoscomarca_aportela_petin_navidad_luces_2022 (28)
Casa de Odra cos elfos

O día 30 a partir das 20.30 horas, na Casa do Pobo, celebrarán o Aninovo cun concurso de pinchos. Os veciños terán que achegar os seus petiscos para que un xurado os avalíe e logo daránselle aos que alí estean, tamén se comerán as uvas. «É a única forma de que nos xuntemos todos para comer as uvas. As campanadas facémolas un día antes»,  di Jose outro membro da Rabiosa. Asegura asemade que as novas incorporacións coma Sandra ou Odra fan posible estas actividades xa que son moi proactivas.

somoscomarca_aportela_petin_navidad_luces_2022 (29)
A rúa principal da Portela

Xa para o novo ano contemplan unha «Festa do Caldo» cara o Entroido e unha andaina pola vía romana que vai a Santoalla, na primavera.

Anímaste a recorrer con nos A Portela? Adiantámosche que o vídeo non ten nada que ver coa realidade.

 

A Rabiosa impulsa que A Portela (Petín) se vista de luces