lunes. 09.06.2025
GALERÍAS

Galería. Exposición na Portela de Portomourisco

A Portela de Portomourisco —Petín— convértese nun museo de arte ao aire libre ao puro estilo “Marco Petín”. Un total de 7 artistas da comarca expoñen desde hoxe até o domingo —do 28 ao 30 de abril— as súas obras.

As obras de pintura e escultura expostas pertencen a Alva —Lito Álvarez—; Carina Rodríguez; Chus G. Peñin; Xesús Díaz Ferrer; José Fernández; Maria José Landeira e Xelo de Treminá.

A exposición estará aberta de 19.30 a 23.00 horas de venres a domingo polas rúas vellas que van dende a capela. Unha actividade organizada pola asociación A Rabiosa en colaboración co Concello de Petín.

Ademais unha pequena cantina, tamén ao aire libre, permitirá aos visitantes tomar un bo viño da terra, comer uns callos, tortilla ou empanada, unha vez se remate o percorrido.

Galería. Exposición na Portela de Portomourisco