A Asociación A Rabiosa da Portela organizou este 3 de febreiro, anterior ao Sábado Gordo, unha nova edición da Festa do Caldo que reuniu a máis de 150 persoas.

Desde primeira hora da mañá os veciños poñían as carnes a cocer: orella, pata, lacón... para logo facer o saboroso caldo do que deron boa conta os que se achegaron ate a praza da festa.

Ao remate da comida e tras comer a torta de roxóns mollada con licores doados por empresas e establecementos comercias comezou o sorteo de agasallos.

Unha bonita festa na que o tempo acompañou e tamén a música dos Arrieros o grupo de bombos da capitalidade do concello, Petín. Non faltaron os desfraces xa que estamos en tempo de entroido.

Deixámosvos o vídeo no que se pode comprobar o bo ambiente e o ben co pasaron os asistentes.