
Protección Civil levará
alimentos, produtos de primeira necesidade e medicamentos os maiores do
concello e as persoas pertencestes a colectivos vulnerables
O Concello que rexe Raquel María Bautista ven de sacar un bando con medidas preventivas para maiores e colectivos vulnerables. A alcaldesa, sabedora de que a maioría dos seus veciños son persoas maiores que precisan axuda por non se valer, pon os membros de protección Civil o seu servizo.
O bando publicado
o 14 de marzo di así:
«Ante a crises sanitaria provocada polo coronavirus COVID-19, o Concello de Petín co fin de preservar a saúde da cidadanía e imitar a propagación e contaxio, recomendados ós veciños e veciñas deste Concello saír o imprescindible das súas casas.
As persoas maiores e de colectivos vulnerables que precisen adquirir alimentos de primeira necesidade ou medicamentos poden chamar a Protección Civil de Petín. O número habilitado para este caso é o 660 989 998, nel poderase facer a solicitude e logo seralle entregada a mercancía no seu domicilio»