jueves. 19.03.2026

Música e procesión para celebrar o San Xosé en Freixido de Abaixo (Petín)

A celebración contou coa misa solemne e coa actuación do grupo tradicional Raiola Son, e continuará o sábado con festa e verbena

somoscomarca_feixido_festasanjose_sanxose7 (1)

Freixido de Abaixo celebrou este 19 de marzo a festividade de San Xosé cunha xornada marcada pola tradición relixiosa e o ambiente festivo na contorna da súa pequena capela.

somoscomarca_feixido_festasanjose_sanxose7 (4)

O templo, construído na primeira metade do século pasado, é un dos elementos máis singulares do lugar. Ao longo dos anos foi obxecto de diversas obras de restauración que permitiron conservar a súa estrutura orixinal. Conta cunha única nave, con muros de pedra tradicional da zona, revestidos e cun acabado cromático, e unha cuberta a dúas augas con lousa como material principal.

somoscomarca_feixido_festasanjose_sanxose7 (3)

Entre os seus elementos máis característicos destaca a espadaña, situada de forma paralela sobre o alzado de maior dimensión, así como a porta de acceso, pouco diferenciada na fachada principal.

somoscomarca_feixido_festasanjose_sanxose7 (5)

A xornada comezou coa misa solemne ás doce do mediodía, que estivo amenizada polo grupo tradicional Raiola Son, encargado tamén de poñer música á sesión vermú posterior.

somoscomarca_feixido_festasanjose_sanxose7 (2)

A celebración continuará o sábado 21 cunha nova xornada festiva, que incluirá festa e verbena coa orquestra Conexión, completando así un programa que combina relixión, música e convivencia veciñal.

somoscomarca_feixido_festasanjose_sanxose7 (6)
somoscomarca_feixido_festasanjose_sanxose7 (6)
Tu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizado

Música e procesión para celebrar o San Xosé en Freixido de Abaixo (Petín)