martes. 16.04.2024

As rúas da Portela de Portomourisco, parroquia dos concellos de Petín e Larouco é desde onte un museo de arte ao aire libre ao puro estilo “Marco Petín”. Un total de 7 artistas da comarca expoñen até o domingo —do 28 ao 30 de abril— as súas obras.

O presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses —IEV—, Aurelio Blanco Trincado e o presidente da sección de Arqueoloxía do mesmo, José Fernández Pérez, deron unha charla aos presentes poñendo en valor o pasado e as costumes da Portela. Mentres Trincado falou do pasado oleiro da aldea, Pérez resaltou a romanización que está presente en todo o concello. Os lagares ou a cale romana que collía a auga do Xares e a traia desde San Fiz, foron algúns dos temas elixidos para a charla. No seguinte vídeo está a conversa mantida con Aurelio e Pepe:

Na presentación estiveron apoiando a iniciativa da Asociación A Rabiosa, organizadora desta exposición, as alcaldesas dos dous concellos aos que pertence Portela, a de Petín e de Larouco, Raquel María Bautista e Patricia Lamelas.

somoscomarca_portela_petin_exposicion_2023574 (39)
Os veciños da Portela os primeiros en visitar a exposición

Logo as rúas de Portela «vestidas» de arte foron as protagonistas. As obras pictóricas de Alva —Lito Álvarez—, coas que arrinca o percorrido desde a capela do San Vitoiro, as de Chus G. Peñin; Xesús Díaz Ferrer; José Fernández; Maria José Landeira e a escultura de Xelo de Treminá. Non faltou a cita Carina Rodríguez quen o pasado marzo expuxo no Liceo de Ourense «Mi mundo es el color» e trae á Portela novas pinturas como ela mesma explicou a Somos Comarca:

A exposición estará aberta de 19.30 a 23.00 horas de venres a domingo polas rúas vellas que van dende a capela e ademais do paseo polas rúas cargadas de historia da Portela que se vestiron de arte, tamén se pode tomar bo viño destas terras ou un refresco na «cantina» montada polos da Rabiosa  na que se pode até comer empanada, callos ou tortilla entre outras cousas.

somoscomarca_portela_petin_exposicion_2023574 (29)
Xelo de Tremiñá falando cun dos asistentes

O IEV apadriña a exposición de arte nas rúas da Portela (Petín-Larouco)