«Eu poño isto, pois eu poño aquilo, pois eu máis... estamos todos picándonos e o final queda algo precioso»

Sandra, Hugo, Odra y Caza, durante la entrevista
La plaza de A Rabiosa con el burro como protagonista
Hugo con el particular «Apalpador» que ayudó a realizar y al que no le gusta fumar
Hugo en el photo Call que ha hecho en su garaje
casa de Cahorro
casa de Cachorro
La calle de la Porteliña es tá preciosa
Odra muestra el panel con el nombre del pueblo realizado con cepas y plantas de la época
Praza dda Rabiosa con el burro que le da nombre
Casa de Tano
A Asociación A Rabiosa da Portela coa implicación da maioría dos veciños ten o pobo que «reloce máis co sol» debido a cantidade de luces que alumean nas súas casas e rúas

A Portela —de Petín e Larouco—, un ano máis ten engalanada a aldea na que as luces son as protagonistas. Atreveríame a dicir que aquí hai máis luces por metro cadrado que en Vigo e estou segura de non equivocarme, sobre todo se vamos a casa de Cachorro ou a de Tano.

A Casa de cachorro ven visible desde a N.533

A asociación veciñal de A Rabiosa algo ten que ver en todo isto, xa que coas súas ganas e implicación fai que os veciños sexan participen das súas actividades. E estas, a verdade, é que foron moitas e novidosas. A festa do caldo, andaina solidaria, exposicións de arte ao aire libre, cena e festa de San Vitoiro, son algunha delas.

A rúa da Porteliña sen dúbida unha das mais bonitas 

Montar todo o que teñen montado estes da Portela non é barato e por elo preguntamos pola financiación que sinalan, «é  co que aporta a xente do pobo, venta de camisetas, lotería, cesta de Nadal». Este ano o agasallo será un baúl no que ademais de ir produtos e doces desta tempada incluirá 250 euros e un décimo de lotería. «Temos moita axuda do pueblo, se hai que poñer algo, son os primeiros que botan a man», sinala caza.

O burro da Rabiosa na súa praza tamén está ben alumeado

O 23 ademais para todos os que se acheguen a ver as luces terán un chocolate quente na praza da Rabiosa a prezo de 1 euro para axudar un pouco a financiarse. «Montamos isto para que a xente se anime e os veciños e os dos pobos arredor veñan e tamén se animen eles a facelo»,

Video que percorre as rúas da Portela

Os nenos e nenas da asociación ademáis fixeron postais e adornos cos que agasallaron e sorprenderon aso veciños.

Nenos deixando os seus agasallos aos veciños

Actividade frenética ao longo do ano

Comezaba febreiro cando este grupo de veciños da Portela déuselle por organizar unha festa que non houbera en Valdeorras e como a gastronomía é a que mandan decidíronse pola do caldo. A primeira Festa do Caldo reuniu a máis de 130 persoas na praza.

Como a cabeza destes da Rabiosa non para, decidiron facer unha exposición de arte ao aire libre na que as rúas se converteron nun museo de arte da comarca. As obras de Alva —Lito Álvarez—;  Carina Rodríguez; Chus G. Peñín; Jesús Díaz Ferrer; José Fernández; María José Landeira  e  Xelo de Tremiñá. Decoraron as rúas coas súas pinturas e esculturas nunha exposición apadriñada polo IEV.

En xuño, os 12 quilómetros de andaina solidaria —na que o recadado foi para a asociación valdeorresa de persoas con discapacidade intelectual, Asfaval— levounos a percorrer as canles romanas e lugares como o Seixo. Ao remate organizadores, participantes e beneficiarios comeron todos na praza da festa.

En agosto dedicáronlle unha praza a feira que se facía hai anos e da que a asociación tomou o seu nome, A Rabiosa. Tratábase dunha feira de burros e por elo puxeron unha estatua dese equino no centro do pueblo.

Non faltaron as festas do patrón San Vitoiro e até se renovou a directiva da que agora é Sandra a presidenta. Falamos con eles de todo isto e máis e poderás velos e escoitar o que contaron no seguinte vídeo.

Sandra, Odra e Caza compoñen a noc¡va directiva. Na foto tamén hugo un activo colaborador da Rabiosa

Para o vindeiro ano, ademais de comprometerse a realizar as mesmas actividades que o pasado ano, teñen en mente a organización dun concerto solidario coincidindo co Día da muller. Será o 9 de marzo e invitan aos grupos ou a todos aqueles que teñan un talento a participar, «temos as portas abertas para todos», sinala Sandra a presidenta.