22 de junio de 2024, 9:24
Esta é unha fin de semana grande para Petín coa XI Feira de 1812, que onte arrincaba coa cuarta edición da cea popular. Ás 22:00 horas, na rúa da Igrexa, comenzaba este banquete cun menú composto por: empanada, lagostinos, redondo de tenreira con minestra de verduras, brazo de xitano, bebidas e café.

Todo organizado pola Asociación Cultural Fonte Grande nunha noite na que o tempo acompañou —e parece ser favorable para o resto da fin de semana—.
