
Somos O Bolo é un parido político independente que concorre por primeira vez ás eleccións locais e faino polo concello que leva no seu nome, O Bolo. «Empezamos hai un ano para reunirnos este grupo de amigos porque sentimos que isto xa non é cousa nin de dereitas nin de esquerdas nin de centro», comezaba a presentación o candidato a alcaldía. Miguel Ángel García.
A palabra «xuntos» foi a máis usada en cada un dos discursos xa que nela basean a súa forza. Cada un ben dunha aldea do concello, teñen actividades profesionais distintas e até ideas pero queren unir esforzo e facer que o un concello «mellor». «Xuntámonos porque creemos que temos as ideas, temos a fuerza e temos as ganas de conseguir un Bolo mellor», subliñaba Miguel. «O Bolo necesita que estemos todos xuntos», foi outra das das frases que pronunciou.

Mayra, a número dúas da lista, explicou por que escolleron o nome «Somos O Bolo». «O logotipo dio ben, mostra quen somos, «Somos O Bolo». Está conformado con lema porque todos somos por igual. Hai 28 pueblos que hai que contar con eles . Hai que contar ca idea de toda a xente porque todos somos un conxunto. Igual que nos todo o concello e un equipo».

«A nosa lista está feita por xente de diferentes aldeas do noso concello e queremos ter representación na alcaldía de calquera pueblo. Senón temos de todos temos da maioría no que non temos representación, temos xente ca que podemos falas para que nos transmitan as ideas e os problemas», explicaron.

«O Bolo somos a xente que vive aquí e que é de aquí. Temos que facer esto todos xuntos», aclararou Miguel. «Queremos facer unha lexislatura dinámica, activa e de bon facer. Queremos implicar a xente dos pueblos en como funciona o concello para que nunca se diga, esto non se pode facer. Vamos ensinarvos a todos como funciona o concello e o que se pode facer e que non. Cando haxa obras iremos aos pueblos dirédesnos que obras hai que facer e se non se poden facer toadas votarase pola que mellor conveña», expresaron. «Non queremos gobernar nos solos queremos que todos sexamos partícipes», resalta.

Cris de Buxán, integrante da lista sinalou: «Queremos cubrir as necesidades básicas do concello: luz, alumeado público, limpeza de calles, alcantarillado, auga, acceso aos núcleos de poboación e as estradas ben arranxadas e pavimentadas».

Roberto de Valbuxán fixo fincapé en que ao sector gandeiro non se lle está dando a importancia que merece, porén van amparar aos gandeiros, cazadores, pescadores e calquera persoa que se preocupe polo medio ambiente e tamén os agricultores.

Apostan por actividades lúdicas coma campamentos, actividades de orientación... Apoiar a calquera emprendedor que traia un negocio ao concello porque «ao fin e o cabo se se trae un negocio ao concello estás traendo riqueza. Todo o que sexa gastar cartos no noso concello é algo de ben que ».

Presentación un a un, segundo a orde que ocupan na lista
O primeiro en presentarse foi Miguel, candidato a alcaldía —concelleiro na anterior lexislatura co actual rexedor, aínda que por desavenencias con este acabou fora do grupo de goberno—. «Son Miguel Ángel García, moitos coñecédesme. Son ex-militar, apicultor, teño viñas, teño carné de conducir, teño de todo. A ilusión de montar isto e que entre todos sexamos capaces de resolver os problemas que ten este concello, que non son poucos. Que podamos facer un concello mellor no que todos desfrutemos dun presente e sobre todo dun futuro acorde coa importancia que tivo o noso concello historicamente.

Mayra, a número dúas, é de Celeirós pero tamén ten raíces en Celavente. «Nacín na capital pero a miña ilusión sempre foi vivir no ‘pueblo’». Leva oito anos vivindo en Celeirós e quere que «o concello do Bolo non quede abandonado, Quero un futuro polo meu e polos meus fillos que veñan».

O posto tres ocúpao Roberto. «Son de Valbuxán, son o neto do Albino, o fillo do Quico e preséntome porque quero que non se perdan cousas que se están perdendo. Temos a nosa identidade e a nosa cultura propia, algo que non se debe perder nunca e por eso me metín nesta lista».

Marta, de Celavente, a cuarta na lista e meteuse nela para arranxar os problemas da vivenda. «Os novos temos bastantes problemas para quedar aquí. Non hai vivendas para ‘alquilar’, edificar non se pode facer nada, as casas vellas non se venden e si se venden é a ‘precio’ de novas. Hai que mirar de que podamos quedar a vivir aquí».

Adrián, o quinto da lista, destaca que ao non haber alicientes nin motivacións para quedar no Bolo porén «van intentar facer todo o que podamos e axudarvos en todo o que sexa para evitar isto».

A sesta e de Buxán e chámase Cristina, pertence ao Fulión e quere que «se podan levar a cabo tanto os proxectos persoais coma empresariais» , aínda que fixo especial fincapé nas tradicións e nas poucas axudas que reciben así como até o de agora as «poucas facilidades que tiveron por parte do concello» e isto ten que «cambiar».

Adrián é un electricista de Fornelos que aínda que pasa toda a semana fora da casa polo seu traballo está disposto a meterse no «lío» e botar unha man no que poida. «O que me ‘conoce’ xa sabe como son», rematou provocando o sorriso dos asistentes.

Belén de Cambela, aínda que ven da «capital», leva 16 anos vivindo nesta aldea do concello do Bolo e segundo as súas palabras «gustaríame que houbera futuro no concello. É un concello que se non se cambia non ten futuro, vai morrer».

Sonia, a novena na lista non estaba presente porén Miguel presentouna. «Ela non é do Bolo, pero estivo de directora no colexio dous anos. Hoxe está competindo en Murcia para ver se se da clasificado para o europeo de Orientación e tamén nos axudará nestas actividades deportivas que queremos facer».

Aínda que é petinesa, Eva, a número dez afirma sentirse moi unida por amizade e «case familia a xente do Bolo». Traballou no centro de saúde e di coñecer «moitas carencias que ten sobre todo a xente maior», é por elo polo que se meteu na lista para axudar aos compañeiros.

Logo das intervencións, preguntas dos que se achegaron a coñecer o novo partido político e tamén unha «pinchada» de Somos O Bolo para agradecer a presenza dos asistentes ao acto de presentación.

A presentación de Somos O Bolo atoparédela no seguinte vídeo: