sábado. 31.05.2025

A Estoupa de Xudas congrega a ducias de visitantes nas Ermitas

Francisco Porto: «Para min o día de hoxe é moi importante e emotivo porque despois de tanto tempo volvo a facelo»

 

Vinte e oito anos despois, a tradición da Estoupa de Xudas, volve ás Ermitas (O Bolo). Un acto que pretende emular a morte de Xudas, do traidor, nunha data especial: o Domingo de Resurrección, de Pascua. Dende o ano 1996 leva O Bolo sen vivir esta actividade, e que este ano volveu a celebrarse antes da misa nas Ermitas. 

somoscomarca_20240331_asermitas_obolo_estoupadexudas (10)

O Xudas está feito con panos e petardos no seu interior que tras prendelle a mecha, estoupa. Colócase no alto dun pau que xira. «É unha tradición moi antiga, nin se sabe a data exactamente», explicaba o encargado de realizar a figura, Francisco Porto. «Hai que ter moita delicadeza para facelo, xa que se tardan moitos días en elaborar». 

somoscomarca_20240331_asermitas_obolo_estoupadexudas (9)

Entre bágoas de emoción, Francisco Porto lembraba hoxe ao seu pai,  no que recaían as labores de facer o Xudas neste acto. «El faleceu, logo seguimos facéndoo os meus irmáns e eu, e agora son eu o encargado de elaboralo. Dedícollo a el». 

somoscomarca_20240331_asermitas_obolo_estoupadexudas (14)
Francisco Porto

Unha tradición que se recupera este ano e que congregou a veciños e estranxeiros para demostrar a protección polo patrimonio propio

Se quere ver un vídeo da Estoupa de Xudas deste ano, aceda ao seguinte enlace: 

A Estoupa de Xudas congrega a ducias de visitantes nas Ermitas