lunes. 02.06.2025

A Estoupa de Xudas regresa as Ermitas despois de 28 anos

Esta festividade non se facía dende o ano 1996, de feito, coincide co aniversario dos 400 anos dende o inicio da construción do Santuario
A Estoupa de Xudas regresa as Ermitas despois de 28 anos

O Concello do Bolo volverá a desfrutar dunha festividade que non se vía dende o ano 1996, falamos da Estoupa de Xudas, unha tradición que volverá el Domingo de Pascua e «que será antes da misa nas Ermitas», explica Alberto Vázquez, alcalde do Concello. 

A Estoupa de Xudas paralizárase «despois de ter un pequeno accidente», asegura. Esta é unha «tradición onde cunha figura de panos e petardos por dentro estoupa. Está posta nun alto dun pau e xira», explica Vázquez. Con isto o que se pretende é representar a «morte de Xudas».

Dende o Concello, despois de falar cos párrocos do Santuario das Ermitas, «propuxémoslle recuperalo e, pola parte deles, non hai problema». Nesta ocasión, por seguridade, farase nunha parte afastada, «será na área recreativa das Ermitas, no río Bibei», asegura. 

Cabe recordar que, neste ano, o Santuario das Ermitas cumpre 400 anos dende que se comezou a súa construción, entón «queremos aproveitar iso, de feito, teremos máis actos», conclúe Alberto Vázquez.

A Estoupa de Xudas regresa as Ermitas despois de 28 anos