viernes. 29.03.2024
Inauguración do museo de Yosso no Bolo (13)
Abre ao público o Yosso Museo

O museo do artista de Valbuxán, Yosso, poderá visitarse os sábados de 10 a 12 horas desde o 16 de xullo até o 31 de setembro. É preciso reservar entrada chamando ao 606 01 71 05 xa que o acceso estará controlado para protección das pinturas e tamén por medidas Covid-19.

O Yosso Museo atópase nun local que forma parte das instalacións do Colexio CEIP do Bolo, rúa Cesar Conti, número 6, pero que conta con entrada independente. O custe de acceso ao museo é de 1,80  por persoa. Os veciños censados no Bolo terán pase de balde. Nenos menores de 12 anos e persoas maiores de 65 pagarán 0,90 €. Os grupos de máis de 10 persoas 0,60 € por persoa.

Inauguración do museo de Yosso no Bolo (2)
Os irmáns de Yosso o día da inauguración do museo no Bolo

Despois da súa inauguración no mes de maio «abre as súas portas con informadora turística incluida para que os visitantes poidan estar máis orientados» no que poden ver neste museo do polifacético artista da localidade bolesa de Valbuxán.

No recorrido pola obra de Yosso poden verse neste momento uns 74 cadros entre óleos, pasteis, carboncillos e debuxos. Todos eles fan referencia a súa vida en Valbuxán, a súa familia e algúns son pinturas da súa estancia en Francia. Na inauguración do museo os familiares que cederon a súa obra xa indicaron que irá cambiando cada certo tempo para que se poida coñecer a extensa obra do Cisne de Valbuxán.

Inauguración do museo de Yosso no Bolo (5)
Unha das salas do Yosso Museo

José Porto García (Valbuxán 1943-2019), Yosso, conta con este museo no Concello do Bolo para poder dar a coñecer a súa obra despois de ter en vida exposicións en París, Narbona, Londres, Madrid, entre outros lugares. A exposición en Vilariño de Conso no 2018 foi a última que fixo antes de falecer en agosto do 2019. Dende o Concello do Bolo invitan a todos os veciños e visitantes a visitar o único museo de Valdeorras para coñecer e disfrutar do artista de Valbuxán e do seu xogo ca luz e a cor.

Inauguración do museo de Yosso no Bolo (6)
Un sobriño neto de José Porto no escritorio onde viron a luz algunha das creacións

Abre ao público o museo de Yosso no Bolo