martes. 01.07.2025

A obra de Yosso xa se pode contemplar no seu museo

Yosso Museo, o novo espazo cultural na capitalidade do concello do Bolo, onde visitar a obra de José de Valbuxán

A obra de José Porto, tamén coñecido como José de Valbuxan ou Yosso, volveu a terra co veu nacer ao concello do Bolo. Unha parte do colexio converteuse en museo para albergar 40 obras do poeta e artista de Valbuxán (O Bolo)

As 12.00 horas comezaba o acto inaugural no que tras a bendición do recinto polos párrocos das Ermitas o alcalde do Bolo facía un repaso pola vida e obra do artista. «M vida son dos días/daré uno a la pintura / y otro a la poesía», con estas palabras dun poema de Yosso comezaba Manuel Corzo o discurso que podedes ver e escoitar no seguinte vídeo:

Despois, era a súa irmá Marina Porto a que tras agradecer o Concello e «aos traballadores que fixeron realidade a obra». Tivo un recordo para a xente que creu en Yosso e tamén para os seus pais de quen afirmou: «A pesar de pensar que era un fracasado, caíanlle lágrimas de orgullo cando oían falar del». Mencionou na súa gratitude a alcaldesa de Vilariño, Melisa Macía, a súa sobriña Manola, aos que o coidaron , as traballadoras da residencia do Bolo onde estivo os derradeiros anos da vida, e un sinfín de persoas que o axudaron.

Este foi o discurso de Marina Porto:

Ao remate a Banda de Gaitas do Bolo cantou un poema de Yosso con música de José Luis Foxo, director da Real Banda da Deputación de Ourense.

A obra de Yosso xa se pode contemplar no seu museo