domingo. 26.06.2022

Marina Porto: «Unha alegría infinda e un desexo conseguido»

O día da inauguración de Yosso Museo, no Bolo, recorremos a exposición de José de Valbuxán con  Marina Porto e tamén conversamos sobre a vida e obra do artista e poeta
Marina Porto irmá de José de Valbuxán
Marina Porto irmá de José de Valbuxán

Marina experimenta tristura e ledicia, sentimentos encontrados. Por un lado o de separarse da obra do seu querido irmán e a vez que iso faga que cada vez máis a xente recoñeza a súa arte. «Unha alegría infinda e un desexo conseguido. O mesmo tempo tristura porque sinto como un desgarro ter que compartir todo iso pero, iso tiña que chegar a ser», articula.

«Sentíaa como miña e agora deixala así (fai unha pausa), ao público pois dáme, algo de pena;  no fondo. Pero unha alegría inmensa de que sexa recoñecido, por fin. E, penso que cada día será máis», continúa co pensamento posto no seu querido irmán. «Agora empeza a vivir realmente», resalta.

Inauguración do museo de Yosso no Bolo (37)
Poema á entrada da exposición

Comezamos a vista ao Yosso Museo e, o primeiro que atopamos ao virar á dereita, é a foto da súa irmá, monxa en Narbona (Francia), con quen Pepe (José de Valbuxán) viviu durante un tempo. Sinala Marina que alí había un parque con cisnes e alí ía sempre porque lle gastaban moito e por iso os pintou. «Os cisnes para el era elegancia e beleza», apunta. «tamén lle gustaban os cabalos, pero nunca os pintou», matiza.

Inauguración do museo de Yosso no Bolo (2)
Marina con Nicanor e Vicente diante do retrato da súa nai, Carmen

Ao carón da irmá a foto da súa nai a quen Marina, ao igual que ó pai, tivo presente no discurso inaugural: «A pesar de pensar que era un fracasado (referindose a Pepe)  porque non tiña cuartos, nin casa, nin fillos caíanlle lágrimas de orgullo cando oían falar del».

Inauguración do museo de Yosso no Bolo (3)
Contemplando o retrato que lle fixo Pepe cando ela era moza

No pasillo polo que seguimos Marina amosa un retrato que lle fixo o seu irmán cando era moza, Ela contémplao cun suave sorriso coma si a pintura a devolvera a aquel lugar, a aquel tempo.

Inauguración do museo de Yosso no Bolo (6)
Martín no escritorio do seu tío avó.

Nunha sala onde se atopa o escritorio coas súas pinturas, bocetos e até unha radio —gustáballe escoitala mentres pintaba— recordamos con Marina como era o proceso de creación. «El facía fotos ca cámara que lle regalara Nicanor, o irmau máis vello, roubáronlla precisamente estando  en Madrid (recorda). Logo cuadriculaba a foto e pasábaa á tela  aumentando o tamaño».

Inauguración do museo de Yosso no Bolo (26)

O motivo de retratara a súa xente e lugares do Bolo pensa a irmá que é porque como marchou novo, tan só con nove anos «o que máis lle tiraba era a casa e o arredor».

«El era moi amante dos animales, estaba rodeado de cousas bonitas. De pedras que atopaba polo monte cando ía de paseo, cando as encontraba cavando na viña,  de cuarzo... el estaba rodeado sempre de cousas bonitas», explica. «Sempre me preguntaba que me parecía. Claro, non tiña naide ao lado que lle valorase nada!», sinala orgullosa da labor que facía.

Inauguración do museo de Yosso no Bolo (10)
Yosso viviu en París, Narbona, Roma, Londres, Madrid... e así o reflicten os seus cadros

José de Valbuxán era autodidacta e pintaba co corazón, así o explica Marina: « Non pintaba por tempo, nin por encarga, pintaba para el». Así un cadro podía durar o tempo que consideras oportuno ata cun día o daba por rematado. «O de Valbuxán levoulle anos. Ocorríaselle unha cousiña e volvía a pintar. Non lle daba barniz por que así podía seguir pintando».

Inauguración do museo de Yosso no Bolo (5)
As pequenas cousas nasque Yosso poñía o corazón, neste caso froitas

A colección cedéuselle a o concello pero segue a ser propiedade da familia. «Non se pode vender ningunha obra». Haberá visitas guiadas explicando a obra de Yosso, cadros únicos feitos co corazón que como o mesmo autor recoñece nun dos seus libros: «Yo no sé que cosa es el alma: un espíritu, sentimiento, una herida íntima...no sé; pero sé que es lo que dejo en mis cuadros y en mis versos», recollido do díctico que se atopa no museo.

Marina Porto: «Unha alegría infinda e un desexo conseguido»