
A xerente do servizo Atendo de Renfe comprométese a estudar as peticións de Disvalia

María López Anaya mantivo unha reunión con Disvalia (Asociación de Persoas con Discapacidade de Valdeorras) para atender ás súas demandas e necesidades con respecto á accesibilidade da estación de tren de O Barco.
Disvalia, ademais de reclamar, de novo, o servizo Atendo, pediu que se habilitase unha rampa de acceso ao tren, xa que polo de agora, as persoas con mobilidade reducida teñen graves problemas á hora de acceder ao vagón dende o propio anden. A xerente escoitou as peticións e comprometeuse a trasladalas a Madrid, aínda que asegurou que a mellora das condicións da estación son cuestión de presuposto.
Antes da reunión, López Anaya, que non quixo facer ningunha declaración á prensa, visitou cuns técnicos a estación para estudar posibles adaptacións. Dende Disvalia síntense esperanzados e agardan a resposta, que está previsto que chegue nun prazo dunha semana. "Escuchó lo que planteábamos. Quedamos a la espera de que la respuesta sea positiva. Crucemos los dedos", sinalaba Begoña Dacal, presidenta de Disvalia.
Na reunión, ademais da presidenta do colectivo, Begoña Dacal e varias persoas da asociación, estivo tamén Laura Quintas Lorenzo, máxima responsable de Discafis-Cogami, o senador popular Avelino García Ferradal e o portavoz do grupo municipal do PP, Arsenio Moldes Gómez.