
"Vacacións en Paz", reunión informativa para a acollida de nenos saharauis

O Concello de O Barco acollerá o vindeiro venres 17 de marzo unha reunión informativa para presentar o programa de acollida de nenos e nenas saharauís durante dous meses de verán.
Baixo o slogan "dous meses de acollida, dous meses de alegría", esta reunión terá lugar ás seis da tarde no Salón Multiusos do concello. Nela, intervirá unha persoa da asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharauí, que informará sobre o proxecto de vacacións para nenos e nenas saharauís, así como tamén darán a coñecer outros proxectos existentes para axudar a este colectivo. “Estamos en la última fase, por eso lo que vamos a intentar este viernes es que se forme un grupo de apoyo a la asociación que hay a nivel Galicia para ayudar al Pueblo Saharaui”, afirmaba Orlando Saavedra, concelleiro de Servicios socias de O Barco.
Os trámites para levar a cabo a acollida de algún neno ou nena saharauí xa comezaron, pero as familias aínda están a tempo de sumarse a este programa. A reunión deste venres busca que as familias que xa iniciaron os trámites reciban a información correspondente así como tamén animar a máis familias a que se convertan en familias acolledoras.
Este ano, este proxecto, que contempla un tempo de acollida de dous meses para estes cativos en Galicia, está subvencionado pola Xunta en colaboración coa Delegación e Subdelegacións do Goberno, a Consellería de Sanidade, Deputacións e Concellos e Familias Acolledoras.
As persoas interesadas deberán encher un formulario que se enviará a asociación galega do Pobo Saharaui, quen valorará se a familia solicitante é apta ou non. As inscricións poderán facerse a través desta web, chamando ao teléfono 986 262 637 ou solicitando información a través deste correo electrónico.